Estudiar e ser nai hoxe é un chisco máis doado, o Servicio Galego de Igualdade convoca axudas para o retorno á formación das mulleres que abandonaron o proceso educativo para seren nais.
A contia das axudas será dun máximo de 600 €, nos que se inclúe ata o 80% do importe total da matricula e ata un 50% do total de gastos de materiais e libros.
O prazo para solicitalas será ata o 24 de maio, e poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres inactivas ou desempregadas que acceden ao sistema educativo, logo dun período de ausencia por mor da maternidade, a través da matrícula oficial nun ciclo medio ou superior, universitario ou de formación profesional, e cuxos ingresos da unidade familiar sexan inferiores ao quíntuplo do indicador público de renda e efectos múltiples (IPREM) para o ano 2008.
Ademais e con motivo de estas axudas recordarvos que a nosa cidade contará o vindeiro curso 2008/2009 cun centro asociado da UNED, no que se impartirán 32 titulacións.

