Arquivo Maio, 2008...

Falamos de sexo?
Clasificado en Sexualidade

Creado por roris o Venres, 23 de Maio de 2008

Permitídeme hoxe, que, despois de levar tres semanas enfrascada no estudio dun libro sobre a sexualidade da humanidade, faga neste blog unha pequena reflexión sobre algunhas das cousiñas que descubrín.

O primeiro que quero destacar é que existiu un grandísimo silencio entorno ás cuestións referentes á sexualidade, especialmente a feminina; non é, de feito, ata ben entrados os anos 80 que se comezan a tratar temas específicos sobre a sexualidade feminina, e, nin que dicir ten que é “casualmente” nas sociedades patriarcais, onde máis dificultades se atopan para obter información sobre as prácticas sexuais femininas ou éstas eran consideradas como algo marxinal do que non se falaba.

Pode parecer que en pleno S. XXI xa non existen tabús respecto á sexualidade, pero eu vos pregunto… Canto, como e que falamos respecto a cuestións sexuais? E non me estou referindo precisamente a facer alarde do número de conquistas de cada un/unha, nin aos sitios ou posturas “exóticas” nos que se practicou o sexo.

Non hai moito que se legalizaron en España as vodas homosexuais, e deste tema habería moito que falar pero non me quero estender polo momento, solo preguntarvos, creedes que somos en realidade tolerantes coa diversidade sexual? Que pensades de cuestións como homosexualidade, bisexualidade ou transgenerismo? Dende logo, pretendo abrir o debate, de tódolos xeitos, a resposta e estas outras preguntas en vindeiros capítulos…

A modo de conclusión, e para ir adiantando algo, dicir que actualmente existen dúas grandes teorías/paradigmas totalmente opostos respecto a sexualidade humana: un bioloxicista, que argumenta que a sexualidade humana está determinada polas leis da natureza e a bioloxía, polo que unicamente se conciven dous xéneros, masculino e feminino, e no que a sexualidade vai enfocada principalmente cara a reproducción. E outro construccionista, que defende que as prácticas e comportamentos sexuais son o producto da cultura e a organización social, nas que as cuestións xenitais perden importancia e o desexo sexual extendese por todo o corpo, onde o que prima son os individuos, e onde son estes mesmos individuos os que conforman a súa sexualidade e as costumbres sexuais da súa sociedade.

Traballo doméstico
Clasificado en Humor

Creado por roris o Mércores, 21 de Maio de 2008

E seguindo coa temática do humor, déixovos aquí a copia dun mail que acabo de recibir:

Un home chega a casa do traballo e atopa ós seus tres fillos no xardín, cos pixamas aínda postos e xogando na lama, con caixas de comida valeiras e envoltorios por todo o xardín.

A porta do coche e da casa estaban abertas e non había rastro do can.

Dentro o desorden era aínda maior, unha lámpada tirada no chan, a alfombra enrrugada contra a parede, a televisión a todo volume e a sala de estar cuberta de xoguetes e roupa.

A pila da cociña ata arriba de louza, o almorzo por riba da mesa, a porta do frigorífico aberta, a comida do can tirada polo chan, un vaso roto debaixo da mesa e un pequeno montón de area detrás da porta.

Inmediatamente subiu as escaleiras, esquivando todo o que estaba polo chan, buscando a sua muller por si pasara algo grave. De camiño á habitación veu o baño cheo de auga e as toallas empapadas, quilómetros de papel hixiénico amontoados e paste de dentes untada en paredes e espello.

O entrar no dormitorio atopou á sua muller tirada na cama lendo unha novela.

Ela mirouno e preguntoulle, que tal o día cariño?

El alporizado preguntou, que pasou hoxe aquí?

Ela contestou sorrindo, lembras cando chegas a casa todolos días e me preguntas que carallo fago todo o día?

Si, contestou incrédulo

POIS HOXE NON O FIXEN!

Chiste ou mofa?
Clasificado en Actualidade, Violencia

Creado por roris o Luns, 19 de Maio de 2008

Voten unha ollada a esta noticia, unha tenda de souvenirs de Mallorca vendía productos coa frase pegarlle a unha muller é educala, pero que dicir, se o propio presidente da Audiencia Provincial de Barcelona nos obsequia con estas desafortunadas palabras…

Trátase soamente de chistes ou debemos concederlles importancia? Considerades de recibo bromear con este tipo de cousas? Que pasaría se aparecera este mesmo señor facendo chistes coa tráxica morte de Juan Manuel Piñuel, última victima de ETA? Que pasaría se en vez de esa frase os souvenirs versaran cousas como “Se Rouco quedase preñado o aborto sería sagrado“?

Realmente me interesa coñecer a vosa opinión ao respecto, xa que eu non podo ser obxectiva nestes casos, e poida que este xa hipersensibilizada co tema, ou como din os meus amigos… “és unha radical”. Radical ou non, para min todo esto non deixa de ser outra proba máis da pouca importancia que se lle concede á violencia de xénero neste pais, importancia que de todolos xeitos non é suficiente posto que miles de mulleres seguen a sufrir este tipo de violencia e non estan a recibir todo o apoio que precisan.

A conciencia da sociedade e fundamental para acabar con esta lacra social polo que eu agardo o día en que as mofas sexan sobre os maltratadores non sobre as maltratadas e que no lugar da frase de antes, os souvenirs versen algo como:

El amor NO es la hostia

El polvo es cosa de dos (en el hogar somos un equipo)

Ou cualquer outro coñecido eslogan feminista.

La Audiencia de Vizcaya tilda de fraude el SAP
Clasificado en Actualidade

Creado por roris o Luns, 12 de Maio de 2008

El Síndrome de Alienación Parental (SAP) es un «instrumento de peligroso fraude pseudo-científico», un «modo más de violencia contra la mujer», y está sustentado por ideología «pedófila y sexista».

Así describe la Sentencia 256/08, de 27 de marzo de 2008, de la Sección 6ª de la Audiencia Provincial de Vizcaya el famoso Sindrome da Alienación Parental (SAP), y además recalca cosas como:

«El SAP no ha sido reconocido por ninguna asociación profesional ni científica, habiendo sido rechazada por la Asociación Americana de Psiquiatría y por la OMS», señala. «Términos tales como la alienación parental pueden ser usados para culpar a las mujeres de los miedos o angustias razonables de los niños hacia su padre violento».

No voy a extenderme mucho más sobre este tema porque la sentencia ya habla por si sola.

Esperamos que esta sentencia siente precedente en España y se empiece a tener un poco más en cuenta a los menores que son los grandes olvidados y los más indefensos, porque un maltratador dificilmente puede ser un buen padre, ellos también son las víctimas.

Solo para que conste voy a poner algunas palabras de las escritas por el creador de este supuesto síndrome, que dejan bien claras sus ideas respecto a la sexualidad, la mujer y los abusos sexuales:

“las actividades sexuales entre adultos y niños son parte del repertorio natural de la actividad sexual humana”

“el hombre es el donador de esperma y la mujer la receptora”

“la sexualización de los niños puede tener propósitos procreativos, porque un niño sexualizado puede reproducir a una edad más temprana”

“las hembras humanas son naturalmente pasivas y su pasividad las lleva a volverse víctimas masoquistas de la violación, y que obtienen placer de ser golpeadas, forzadas…como el precio que tienen que pagar para conseguir el premio del esperma”

Yo me pregunto… ¿qué credibilidad tiene una persona que hace tales afirmaciones?

Estadías de tempo libre para mulleres
Clasificado en Actualidade

Creado por roris o Xoves, 8 de Maio de 2008

O Servicio Galego de Promoción da igualdade do home e da muller convoca axudas para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

As axudas consisten en estadías de ocio e tempo libre cunha duración de unha semana (8 días e 7 noites) e van dirixidas a aquelas mulleres que polas suas especiais características teñen dificultades para disfrutar do seu tempo de lecer.

Convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Os menores para poder asistir deberán ter entre 2 e 12 anos de idade. Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte serán sufragados polo organismo convocante e as estadías deberán levarse a cabo necesariamente no mes de xullo.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días contados a partir da súa data de publicación no DOG, e os requisitos para ser beneficiaria de esta axuda son os seguintes:

a) Ter fillas e/ou fillos a cargo.
b) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos ingresos do conxunto da unidade familiar, divididos polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI).
d) Non padecer ela, nin as fillas e/ou fillos que a acompañen, enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

Para máis información consulten o DOG do xoves 8 de maio.

Educación para a iguadade nas ociotecas lucenses
Clasificado en Varios

Creado por roris o Luns, 5 de Maio de 2008

Os nenos e nenas das ociotecas lucenses (Frigsa, Uxio Novoneira e Fontiñas) participarán ó longo de toda esta semana en diversos obradoiros de educación para a igualdade, que tratarán temas tan importantes como o sexismo nos xogos, televisión, debuxos animados, publicidade, etc.

Os obradoiros, que forman parte do programa de actividades da celebración do centenario do Día da Muller, serán levados a cabo pola educadora social da casa da muller a partir das 17 horas os días 5, 6 e 7 de maio.

O que se pretende e crear nos nenos e nenas, un espírito crítico e un espazo de reflexión sobre os valores que se lles están a transmitir, ou simplemente ter en conta outro tipo de actividades lúdicas alternativas ás que reproducen problemas tan ancestrais como o sexismo, os estereotipos, os roles de xénero, o abuso da forza ou a violencia.

As actividades inclúen un obradoiro de reciclaxe de xoguetes, contacontos, xogos cooperativos e o visionado de publicidade, debuxos ou películas infantís, como “Shrek” ou “La bella y la bestia” ca conseguinte reflexión sobre algúns valores que están a transmitir.