Voten unha ollada a esta noticia, unha tenda de souvenirs de Mallorca vendía productos coa frase pegarlle a unha muller é educala, pero que dicir, se o propio presidente da Audiencia Provincial de Barcelona nos obsequia con estas desafortunadas palabras…
Trátase soamente de chistes ou debemos concederlles importancia? Considerades de recibo bromear con este tipo de cousas? Que pasaría se aparecera este mesmo señor facendo chistes coa tráxica morte de Juan Manuel Piñuel, última victima de ETA? Que pasaría se en vez de esa frase os souvenirs versaran cousas como “Se Rouco quedase preñado o aborto sería sagrado“?
Realmente me interesa coñecer a vosa opinión ao respecto, xa que eu non podo ser obxectiva nestes casos, e poida que este xa hipersensibilizada co tema, ou como din os meus amigos… “és unha radical”. Radical ou non, para min todo esto non deixa de ser outra proba máis da pouca importancia que se lle concede á violencia de xénero neste pais, importancia que de todolos xeitos non é suficiente posto que miles de mulleres seguen a sufrir este tipo de violencia e non estan a recibir todo o apoio que precisan.
A conciencia da sociedade e fundamental para acabar con esta lacra social polo que eu agardo o día en que as mofas sexan sobre os maltratadores non sobre as maltratadas e que no lugar da frase de antes, os souvenirs versen algo como:
El amor NO es la hostia
El polvo es cosa de dos (en el hogar somos un equipo)
Ou cualquer outro coñecido eslogan feminista.


1. vic o Martes, 20/05/2008 ás 23:08:
É un tema moi complicado e difícil… En certo punto estou totalmente de acordo contigo, non é permisible que un señor que ostenta un cargo de tal responsabilidade frivolice nunha rolda de prensa con un tema coma este, ao igual que non é permisible que nun lugar público se exiba un eslogan no que se anima ao maltrato das mulleres. A min paréceme que todo isto non é coherente e de aí que sexa considerado como noticia relevante…
Agora ben, outra cousa sería facer ese chiste entre amigos e nun contexto de colegueo. Creo que non sería para tanto, é un simple chiste no que se fai unha metáfora de “estar ata as orellas de alguén” ao igual que noutros momentos se fivoliza cos negros, cos pobres, cos enfermos de sida, etc… Tampouco creo que haxa que criminalizar calquera movemento en contra do “políticamente correcto”.
En resumidas contas, é ben certo que sería preciso concienciar a todos e todas que a violencia de xénero é un problema moi importante desta sociedade, e pode ser que acontecementos coma os que comentas confirmen que non se lle da a importancia que se merece, pero tampouco se pode criminalizar a todo o mundo por un simple comentario ou chiste…
Saúdos!!
Por certo, interesante blog
2. roris o Mércores, 21/05/2008 ás 13:25:
Paréceme moi acertado todo o que dis, claramente un chiste non ten a mesma repercusión se o fai un cos seus colegas, se o fai un profesor na sua clase ou se o fai un presentador da televisión…
pd: gracias e ánimote a deixar as túas opinións sempre que queiras