Estadías de tempo libre para mulleres
Clasificado na sección Actualidade

Creado por roris o Xoves, 8 de Maio de 2008

O Servicio Galego de Promoción da igualdade do home e da muller convoca axudas para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

As axudas consisten en estadías de ocio e tempo libre cunha duración de unha semana (8 días e 7 noites) e van dirixidas a aquelas mulleres que polas suas especiais características teñen dificultades para disfrutar do seu tempo de lecer.

Convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Os menores para poder asistir deberán ter entre 2 e 12 anos de idade. Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte serán sufragados polo organismo convocante e as estadías deberán levarse a cabo necesariamente no mes de xullo.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días contados a partir da súa data de publicación no DOG, e os requisitos para ser beneficiaria de esta axuda son os seguintes:

a) Ter fillas e/ou fillos a cargo.
b) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos ingresos do conxunto da unidade familiar, divididos polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI).
d) Non padecer ela, nin as fillas e/ou fillos que a acompañen, enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

Para máis información consulten o DOG do xoves 8 de maio.

1 comentario en “Estadías de tempo libre para mulleres”

O teu comentario: