E seguindo coa temática do humor, déixovos aquí a copia dun mail que acabo de recibir:
Un home chega a casa do traballo e atopa ós seus tres fillos no xardín, cos pixamas aínda postos e xogando na lama, con caixas de comida valeiras e envoltorios por todo o xardín.
A porta do coche e da casa estaban abertas e non había rastro do can.
Dentro o desorden era aínda maior, unha lámpada tirada no chan, a alfombra enrrugada contra a parede, a televisión a todo volume e a sala de estar cuberta de xoguetes e roupa.
A pila da cociña ata arriba de louza, o almorzo por riba da mesa, a porta do frigorífico aberta, a comida do can tirada polo chan, un vaso roto debaixo da mesa e un pequeno montón de area detrás da porta.
Inmediatamente subiu as escaleiras, esquivando todo o que estaba polo chan, buscando a sua muller por si pasara algo grave. De camiño á habitación veu o baño cheo de auga e as toallas empapadas, quilómetros de papel hixiénico amontoados e paste de dentes untada en paredes e espello.
O entrar no dormitorio atopou á sua muller tirada na cama lendo unha novela.
Ela mirouno e preguntoulle, que tal o día cariño?
El alporizado preguntou, que pasou hoxe aquí?
Ela contestou sorrindo, lembras cando chegas a casa todolos días e me preguntas que carallo fago todo o día?
Si, contestou incrédulo
POIS HOXE NON O FIXEN!

