Arquivo Xuño, 2008...

Alguien nos necesita
Clasificado en Varios

Creado por apoeta o Domingo, 29 de Xuño de 2008

En vista de toda a actualidade que imos tendo e sabendo que necesitamos unha igualdade en todos os aspectos eu preguntome por que seguimos dependedo de outras persoas e non nos idependizamos de todos? porque non facemos unha sociedade coma as das abellas que utiolizan os seus machos para fecundar a raiña e despois os matan porque os homes son todos iguais e en realidade penso que non fan nada util?

o si fanse os machotos dicindo e que eu traio os cartos a casa espertade rapaces eso podisa ser antes agora xa non nos tamen temos voz e voto na sociedade na que vivimos, xa temos unha ministra de igualdade que espero que loite por nos as mulleres e polos nosos dereitos que son exactamente iguais os dos homes.

E ti, tes fillos ou traballas?
Clasificado en Igualdade

Creado por roris o Luns, 23 de Xuño de 2008

Temos politicas de igualdade, temos leis, temos gobernos paritarios, temos Ministerio de la Igualdad, temos queixas pola discriminación positiva, pero o que non temos ainda é igualdade…

Ollade esta nova e veredes en que me baseo esta vez para facer tales afirmacións…

Queda moito camiño por andar,  non te pares.

Futbol feminino
Clasificado en Igualdade

Creado por roris o Mércores, 18 de Xuño de 2008

Aprovechando el tirón de la eurocopa, hablemos de fútbol, pero nada de Villa, Sergio Ramos o Cristiano Ronaldo, hablemos de fútbol femenino.

Podría soltar una parrafada sobre hipótesis diversas acerca de que es lo que pasa con el fútbol y las mujeres, pero en lugar de eso me voy a limitar a exponer la situación:

sexo: mujer; edad: 7 años; aficciones: jugar a fútbol con sus compañeros y amigos

Pero… ¿por cuánto tiempo podrá seguir haciéndolo? A partir de los 11-12 años tendrá que dejar de hacerlo porque no existen vestuarios adecuados para ella…


¿Operación bikini?
Clasificado en Humor

Creado por roris o Luns, 16 de Xuño de 2008

Ahora que se acerca el calor, las ropas se aligeran dejando las carnes al descubierto y la operación bikini inunda revistas y anuncios de televisión, reflexionemos sobre sobre ello con un toque de humor…

Viñetas sacadas del libro Todas las mujeres alteradas de Maitena

Outro mundo é posible?
Clasificado en Varios

Creado por roris o Mércores, 11 de Xuño de 2008

É a pregunta e o tema que impera nas últimas conversas das miñas amizades, e de seguro, tamén de moitos de vós. Inmersos como estamos no comezo dunha dura crise económica, con folgas e psicose colectiva incluida (vamos todos e todas a gasoliñeiras e supermercados para acaparar reservas, non vaia ser que quedemos sen nada). Parece chegar o apocalipse se nos falta o gasoi no coche… Neste contexto, quen non se pregunta, canto vai a durar esto? Cara onde imos? Ten limite este sistema económico globalizador capitalista que impera no mundo?

Seica a priori non teñen moito que ver estos temas coa temática habitual do blog pero… tal e como esta construida a sociedade actualmente se falla o econónico falla todo, e tendo en conta a situación de desigualdade na que se atopan, en xeral, as mulleres, eso fainas, tal vez, máis vulnerables á crise.

O certo é que toda esta reflexión ven a conto dunha reportaxe que acabo de ver na TVE, nun programa que descubrin hoxe, “Repor”. A reportaxe trataba sobre unha iniciativa sevillana, Ecolocal, unha tenda na que o diñeiro non é necesario, ti colles o que necesitas e a cambio deixas o te sobra. Unha grandisima idea dende o meu punto de vista, que me fai pensar… é outro mundo posible? Unha grandísima idea baseada en unha das características máis propias e intrínsecas do ser hamano, o intercambio.

Outro mundo é posible? Tal vez o sería se en vez de primar o diñeiro, o consumo, a competitividade e o individualismo tratásemos de educar á nosa mocidade en valores de igualdade, solidaridade e cooperación.

Presentación oficial das “quetas”
Clasificado en Actualidade, eMuller

Creado por roris o Venres, 6 de Xuño de 2008

Xunta Directiva na presentación

Onte, 5 de xuño, tivo lugar na Cova da Terra a presentación oficial da Asociación Enriqueta Otero á que asistiron numerosas persoas, entre as que se atopaban menbros doutras asociacións lucenses que mostraron o seu apoio de este xeito á problemática da violencia de xénero, dende este blog queremos, unha vez máis, agradecer a súa presenza e colaboración.

A Xunta Directiva da asociación expuso os obxectivos da mesma así como o tipo de actividades e iniciativas que tiñan pensado levar a cabo, entre as que se atopan: acadar a igualdade efectiva entre homes e mulleres en tódolos ámbitos da sociedade, así como loitar polos dereitos dos nenos e nenas, vítimas tamén da violencia e que son, por desgraza, os máis esquecidos; manifestaron ademais a necesidade de promover o asociacionismo femenino e implicar ás mulleres como axentes de cambio da súa propia situación, e a súa predisposición para colaborar con outras asociacións en todas aquelas actividades e iniciativas que persegan os seus mesmos obxectivos.

Asistentes á presentación

Sen palabras…
Clasificado en Igualdade

Creado por roris o Xoves, 5 de Xuño de 2008

Unha imaxe vale máis de mil palabras… y esta é a concepción que teñen ainda en Galcia e en pleno século XXI moitas persoas.

Por desgraza este é so un dos moitos exemplos que existen e por fortuna as autoridades pertinentes xa tomaron as medidas oportunas. Se te atopas con casos similares non o dubides, denunciao, todos e todas sairemos ganando.