É a pregunta e o tema que impera nas últimas conversas das miñas amizades, e de seguro, tamén de moitos de vós. Inmersos como estamos no comezo dunha dura crise económica, con folgas e psicose colectiva incluida (vamos todos e todas a gasoliñeiras e supermercados para acaparar reservas, non vaia ser que quedemos sen nada). Parece chegar o apocalipse se nos falta o gasoi no coche… Neste contexto, quen non se pregunta, canto vai a durar esto? Cara onde imos? Ten limite este sistema económico globalizador capitalista que impera no mundo?
Seica a priori non teñen moito que ver estos temas coa temática habitual do blog pero… tal e como esta construida a sociedade actualmente se falla o econónico falla todo, e tendo en conta a situación de desigualdade na que se atopan, en xeral, as mulleres, eso fainas, tal vez, máis vulnerables á crise.
O certo é que toda esta reflexión ven a conto dunha reportaxe que acabo de ver na TVE, nun programa que descubrin hoxe, “Repor”. A reportaxe trataba sobre unha iniciativa sevillana, Ecolocal, unha tenda na que o diñeiro non é necesario, ti colles o que necesitas e a cambio deixas o te sobra. Unha grandisima idea dende o meu punto de vista, que me fai pensar… é outro mundo posible? Unha grandísima idea baseada en unha das características máis propias e intrínsecas do ser hamano, o intercambio.
Outro mundo é posible? Tal vez o sería se en vez de primar o diñeiro, o consumo, a competitividade e o individualismo tratásemos de educar á nosa mocidade en valores de igualdade, solidaridade e cooperación.


1. roris o Mércores, 11/06/2008 ás 1:36:
quizá el anuncio sea un tanto demagógico, pero la idea es buena no?
2. vic o Mércores, 11/06/2008 ás 17:49:
Outro mundo debería ser posible, pero desgraciadamente, creo que só será posible outro mundo cando non quede outro remedio. A maioría de nós só pensamos en ter máis, vivir mellor, ser mellores que os demáis sen importarnos as consecuencias.
Non nos importa que nos quiten liberdades mentres non nos afecte persoalmente, non nos importa que dependamos do petróleo ata que non podemos pagar o gasoil, non nos importan os precios abusivos que impoñen os intermediarios a fruta, leite ou pescado ata que non o podemos pagar, etc… Desgraciadamente, o ser humano é egoista por natureza e isto ten moi difícil solución…
Cando a cultura do software libre triunfe, outro mundo si será posible…
PD: tiña que dicir esto último
3. roris o Luns, 23/06/2008 ás 14:12:
votadelle un ollo a este video…
http://www.otromundoesposible.com/?p=1654