Presentación oficial das “quetas”
Clasificado na sección Actualidade, eMuller

Creado por roris o Venres, 6 de Xuño de 2008

Xunta Directiva na presentación

Onte, 5 de xuño, tivo lugar na Cova da Terra a presentación oficial da Asociación Enriqueta Otero á que asistiron numerosas persoas, entre as que se atopaban menbros doutras asociacións lucenses que mostraron o seu apoio de este xeito á problemática da violencia de xénero, dende este blog queremos, unha vez máis, agradecer a súa presenza e colaboración.

A Xunta Directiva da asociación expuso os obxectivos da mesma así como o tipo de actividades e iniciativas que tiñan pensado levar a cabo, entre as que se atopan: acadar a igualdade efectiva entre homes e mulleres en tódolos ámbitos da sociedade, así como loitar polos dereitos dos nenos e nenas, vítimas tamén da violencia e que son, por desgraza, os máis esquecidos; manifestaron ademais a necesidade de promover o asociacionismo femenino e implicar ás mulleres como axentes de cambio da súa propia situación, e a súa predisposición para colaborar con outras asociacións en todas aquelas actividades e iniciativas que persegan os seus mesmos obxectivos.

Asistentes á presentación

O teu comentario: