Gustaríame inaugurar hoxe unha sección nova dedicada ás mulleres músicas.
Comezaremos con Elizabeth Cotten (Carolina do Norte), unha das mestras do blues. A canción que podedes ver no seguinte vídeo a compuxo canda tiña 11 anos, ás agachadas, porque a súa familia non lle deixaba tocar a guitarra; estaba mal visto nas mulleres. Como tantas mulleres de entón (e de agora) casou e como tantas mulleres (de sempre) o seu home prohibiulle facer o que máis quería, que no seu caso era tocar a guitarra. Así que Elizabeth ,”Libba”, como tantas mulleres (fixeron, fan e farán) foise da casa coa súa filla e mandou ao seu home a tomar por saco. Chegou a Washington DC, e alí coñeceu á familia Seeger, para a que traballou como empleada doméstica. Como sempre pasa nos contos e , nunca ou casi nunca, na realidade, a familia Seeger non són non se aproveitou da situación dunha mucama “desprazada interna”, para explotala (non vos sona?), senón que axudouna a comezar coa súa carreira musical. América é América, a pesar de Bush e outros persoaxes da súa ralea.
Precisamente neste vídeo aparece con Pete Seeger, un extraordinario músico fok, ao que Bruce Springsteen rescata nun dos seus últimos traballos. Seeger é un defensor dos dereitos humanos, condenado a un ano de cárcel e a moitos máís de censura polo Comité de Actividades Antiamericanas.
Volvendo a “Libba”, por sorte a vida foi xenerosa con ela (viviu ata os 95 anos) e tivo tempo para ver editado o seu primeiro disco aos 66 anos e ata recoller un Grammy.
Qué historia! Verdade?
Tentarei traer aquí a outras mulleres músicas. Esperamos a vosa colaboración.


1. roris o Martes, 22/07/2008 ás 23:55:
Gústame esta nova sección!!!
e quen sabe, igual atopamos canteira galega para organizar unha segunda edición do festival eMfiminino…
2. emereci o Mércores, 23/07/2008 ás 9:13:
Encántame a sección!
E encántame, tamén, esa fotazo (polo contido, non polo tamaño) coa que abres o post
Bicos