Eu non sou informática, nin nada que se lle achegue, ainda que fago os meus pinitos nesto de internet, pero pronto me decatei de que “extrañamente” non hai moitas mulleres informáticas coñecidas, ou alomenos eu non as coñezo (perodade a miña ignorancia), casualidade?
Hoxe vin este post blogueando na rede… nel podedes atopar unhas cantas mulleres relevantes para o mundo informático, en especial o do software libre, filosofía que neste blog e nesta asociación compartimos e que aproveitamos para promocionar.
De seguro hai moitas máis, non dubidedes en facernolas saber.


1. casandra o Mércores, 30/07/2008 ás 9:58:
Moi interesante. Eu que son unha principiante nestas materias, sinto moita curiosidade e me encanta que haxa tantas mulleres traballando.
2. vic o Xoves, 31/07/2008 ás 13:34:
Que gusto ver que as mulleres tamén están a prol do software libre e ademáis moi activas na súa difusión e desenvolvemento. Ben certo é que non son maioría neste ámbito, pero por algo se empeza…