Despois de ver hoxe a película de Persépolis teño que adicarlle á Marjane Satrapi a nosa sección de mulleres empoderadas de este mes.
A súa biografia fala por sí soa, pero ademáis esta muller reflexaa perfectamente en Persépolis, no que consegue achegarnos a un mundo case descoñecido para nós como é a historia recente de Irán, o fundamentalismo islámico así como a situación das mulleres neste país, mostrandonos unha visión completamente nova e inesperada (alomenos para min) de como transcorreron os acontecementos neste país e como afectaron á vida das persoas, especialmente ás mulleres.
Se non víchedes aínda a película invítovos a vela porque merece a pena, aínda que solo sexa para coñecer un pouco máis o mundo islámico que se nos presenta tan de cotio cheo de tópicos e estereotipos. Dous mundos cheos de prexuizos, que sendo tan aparentemente distintos, se tratasen de coñecerse mutuamente un pouco máis, quizais non estarían tan enfrontados.

