Inauguramos unha nova sección en eMuller, XANELA DE LECTURAS, na que poderedes atopar relatos e poemas coa temática da muller como fondo. Ademais esperamos que vos animedes a enviarnos as vosas propias verbas (podedes atopar o email da asociación na sección de contacta)
Con motivo da inauguración e para animarvos a escribir poñemosvos en coñecemento da 6ª edición do concurso Carta Abierta a un Maltratador organizado pola asociación aragonesa AFAMMER, tedes de prazo para a presentación de traballos ata o 15 de novembro.

