ABBEY LINCOLN
Clasificado na sección Músicas

Creado por casandra o Domingo, 26 de Outubro de 2008

Hoxe visita a nosa sección, a cantante de jazz ABBEY LINCOLN (Chicago, 1930). Tralo seus estudios, trasládase a California en 1951 e ese mesmo ano actúa nas Illas Haway co nome de Gaby Lee.

De regreso a Estados Unidos, actúa en 1954 en varios clubes. Nesta época coñece a Max Roach, extraordinario compositor e baterista de jazz, co que comeza unha relación sentimental que durar oito anos e unha experiencia artística que se prolongará  máis alá da relación de parella.

Nesta colaboración con Max Roach hai que suliñar a aparición en 1960 do disco “We Insist! Freedom Now Suite” que é un berro contra o poder blanco. A cuberta do disco é un icono da loita contra a discriminación racial: unha fotografía duns homes de raza negra sentados na barra dun bar mirando a cámara,; trala barra, un camareiro blanco coa mirada crispada.

A forma de reivindicar o final da discriminación racial nas súas cancións, convértena nunha das cantantes afroamericanas con máis fieis na comunidade negra de Estados Unidos.

A discografía de Abbey Lincoln abarca 25 títulos. O disco que marcou a súa traxectoria foi “Straight Ahead”, que contén o coñecídisimo tema “Blue Monk” con música de Thelonius Monk e letra da propia Abbey.

Recibiu unha forte influencia da que foi unha das grandes figuras do jazz, Billie Holiday. Precisamente estivo a punto de interpretala na película “Lady sings the Blues” pero, a industria de Hollywood decantouse por unha opción menos comprometida políticamente, e escolleu a Diana Ross.

Abbey continúa en activo, ofrecendo concertos e gravando discos. O último: “Abbey Sings Abbey”, paréceme unha auténtica marabilla.

Para rematar, unhas palabras de Abbey que definen o que significa para ela o jazz: “Eu non canto jazz. Non podo cantar jazz. Tes que cantar o teu espíritu, o teu corazón, a túa alma. Trátase de contar historias… acerca de alguén en algunha parte”.

O teu comentario: