61 é número de mulleres que perderon a vida este ano a causa da violencia de xénero, a última esta mesma semana, moi preto da nosa cidade, en Vilaboa.
De seguro a todos e todas vos sona a noticia, de feito, veño de ler a nova en varios xornais dixitais. Moi ben explicadiña si, o lugar do asasinato, a relación da parella, a arma utilizada, as medidas cautelares dictadas polo xuiz… Pero en todas partes onde eu o lin voto de menos unha cousa moi importante: é a victima número 61 da violencia contra a muller no que vai de ano, 72 no ano pasado e 70 no 2006. Como vedes a cifra lonxe de diminuir, aumenta!
As comparacións son odiosas, todas as mortes teñen a mesma importancia, sexan accidentes de tráfico, vitimas do terrorismo ou soldados que loitan pola paz en Afganistan. Mais non podo evitar fixarme en que non todas as mortes son iguais, non todas teñen a mesma importancia para os medios. Por favor, un pouco máis de conciencia de xénero.
Nin unha máis!


1. casandra o Xoves, 13/11/2008 ás 10:53:
Estou moi dacordo contigo, roris. Os asasinatos de mulleres a mans das súas parellas ou ex-parellas se nos presentan nos medios de comunicación como unha sucesión de feitos que se producen dun xeito inevitable. Trátanse de modo superficial sen entrar nunca nas verdaderas causas que as producen, que son a discriminación que sufren as mulleres e as desigualdades de xénero. Cada muller asasinada esquécese ao día seguinte. VISIBILICÉMOLAS.