ACTO 25 DE NOVEMBRO
Clasificado na sección Actualidade, Violencia

Creado por casandra o Venres, 28 de Novembro de 2008

O 25 de novembro “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero” a “Asociación de mulleres luguesas contra a violencia de xénero Enriqueta Otero” organizou un acto de lembranza ás mulleres asasinadas no que vai de ano a mans das súas parellas ou ex parellas. Consistiu nunha intervención espacial sobre a temática dos malos tratos, realizada polos grupos de teatro Palimoco e Upiaska e a lectura dun manifesto por Paloma Lugilde. Moitas grazas a todas as persoas que participarone, e ao público que se mollou con nós.

1 comentario en “ACTO 25 DE NOVEMBRO”

O teu comentario: