A Violencia de Xénero é un problema social aínda moi enraizado na nosa sociedade, na que os actos de violencia física, psicolóxica e sexual, contra as mulleres, representan unha clara vulneración dos seus dereitos humáns. E por eso que os e as aquí presentes queremos:
- Condear públicamente calquer acto de violencia, sexa do tipo que sexa, que atente contra a dignidade, liberdade, integridade e seguridade das mulleres.
- Revindicar a intervención máis activa das distintas adminstracións públicas no ámbito da súa competencia:
- O incremento dos recursos humáns , materias e financieiros.
- Expresar a nosa solidaridade ás familias e os fillos e fillas das 61 mulleres asasinadas polas súas parellas e conxuxes ao longo deste ano 2008.
- O exercicio dunha acción coordinada entres os niveis local, autonómico e estatal
- O desenvolvemento de planes serios en prol da igualdade
- O implante dispositivos de atención e asistencia profesionalizada para mulleres , fillos e fillas víitimas de violencia.
- A posta en funcionamento redes coordinadas de atención especializada
- A creación de equipos psicosociales e protocolos de atención para a abordaxe de situacións de crise e emerxencia
- A cualificación dos profesionais xa existentes que interveñen na actualidade
- A non descriminación das mulleres vítimas con independencia da súa situación administrativa, persoal ou social.
- Alternativas reais de futuro e mellora na xestión das axudas económicas e dos programas de inserción socililaboral
Por todo elo esiximos aos Poderes Publicos o exercicio da súa responsbilidade e a vontade política necesaria para acabar con esta lacra social. Non escatimando recursos económicos, concienciando e sensibilizando á cidadanía, visibilizando todos os tipos de violencia, condenando públicamente todas as conductas violentas e articulando demais medidas concretas que sexan necesarias e que incidan na prevención, na protección e na recuperación intergral das vítimas e dos seus fillos e fillas.


1. casandra o Xoves, 27/11/2008 ás 10:45:
Foi un acto moi fermoso e cheo de emoción o que tivo lugar o día 25 de novembro na Praza Maior. Gracias a Paloma Lugilde e as rapazas e rapaces dos grupos de teatro Palimoco e Upiaska e a todas as persoas que nos acompañaron sostendo nas súas mans os nomes das 61 mulleres vítimas da violencia neste ano. Ao menos dende Lugo non foron esquecidas.
2. roris o Xoves, 27/11/2008 ás 17:19:
si, moitisimas gracias a todas as persoas presentes!! e en especial ao grupo de teatro que ademas de conseguir emocionarnos soportaron moi ben o frio!