O MACHISMO MATA non sexas cómplice
Clasificado na sección Actualidade, Violencia

Creado por roris o Venres, 21 de Novembro de 2008

A Asociación Enriqueta Otero organiza un acto de repulsa da violencia contra as mulleres con motivo  do 25 de novembro, DIA INTERNACIONAL DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, que terá  lugar na Praza Maior de Lugo ás 20 horas.

Este acto que terá lugar o propio día 25 de novembro e unha homenaxe ás 61 mulleres mortas este ano a mans da súa parella ou ex-parella e ten como obxetivos prioritarios a sensibilización da problemática da violencia de xénero e a visibilización de todas as vítimas da violencia.

O acto consistirá nunha intervención espacial sobre a temática dos malos tratos, a cargo dos grupos Palimoco Teatro e Teatro de Upiaska. Trala representación, a directora teatral, Paloma Lugilde, lerá un manifesto, no que expresaremos a nosa solidariedade ás vítimas, así como ás súas familias, e reivindicaremos unha intervención máis activa das distintas administración públicas no ámbito das súas competencias para acabar coa lacra social dos malos tratos.

Ano a ano as cifras de mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas mantéñense, sen que a sociedade reaccione suficientemente fronte a estes abusos contra os dereitos humanos das mulleres. É preciso que estas mortes non queden relegadas ao ámbito do privado, senón que cobren visibilidade, polo que tentaremos que se sumen ao acto do día 25 de novembro o maio número de persoas.

Agardamos contar coa vosa presenza.

2 comentarios en “O MACHISMO MATA non sexas cómplice”

O teu comentario: