Arquivo Novembro, 2008...

Ani DiFranco
Clasificado en Músicas

Creado por roris o Luns, 10 de Novembro de 2008

Ani DiFranco, es una prolífica cantautora estadounidense, famosa por sus letras comprometidas  sobre  racismo, sexismo, abuso sexual, homofobia… y conocida además por ser un icono feminista en su país.

He tenido la suerte de poder disfrutar de su último concierto en Barcelona, tras 7 años sin tocar en nuestro país. Impecable, reivindicativa, divertida… consiguió meterse al público en el bolsillo desde el primer momento. Aqui podeis disfrutar un pequeño fragmento del concierto:

Creó su propio sello musical en 1990 porque no estaba de acuerdo con la politica de las discograficas, en el ha editado más de 20 discos y ha colaborado con artistas tan importantes como Prince.

Mil cosas podríamos decir sobre ella, pero ahora vamos a quedarnos con esta foto de su participación en 2004 en la marcha por los derechos de las mujeres en Estados Unidos, donde tocó delante de más de 1.500.000 personas. Sin duda un ejemplo de mujer luchadora y reivindicativa donde las haya.

ROSA PARKS
Clasificado en Actualidade, Empoderadas

Creado por casandra o Venres, 7 de Novembro de 2008

Unha lembranza nestes días para ROSA PARKS. O seu xesto de negarse a ceder o  asento a un blanco e irse para a parte de atrás do autobús, concluiu coa súa detención en 1955. Foi a chispa do Movemento polos Dereitos Civís en Estados Unidos.

Día internacional de violencia contra as mulleres
Clasificado en Violencia

Creado por mariola o Martes, 4 de Novembro de 2008

O vindeiro 25 de novembro volveremos a conmemorar unha vez máis o Día Internacional da Violencia contra as mulleres. E como ven sendo habitual, duranto dous ou tres días, este fenómeno cobrará moito protagonismo na nosa sociedade. Lembrarémonos das 61 mulleres asasinadas polas súas parellas ao longo deste ano. Os medios de comunicación en xeral dedicarán algún espazo a este tema. Aflorarán artigos de opinión, visualizaranse testemuñas pesoais e levaranse a cabo múltiples actos de repulsa: declaracións institucionais, minutos de silencio… contra esta lacra social que atenta contra os dereitos fundamentais da dingindade, da liberdade e da seguridade das mulleres.

Nin que decir ten que a todas estas accións hai q darlles a benvida de cara á sensibilización, pero non é suficiente e ahi que ir máis alá.

A dimensión actúal do problema é grande e complexo. Os datos cuantitativos e cualitativos así o reflicten, e non só polo número de asasinadas, ou polo número de denuncias, ou polo número de solicitudes de ordes de protección, senon porque a sociedade (organismos, institucións profesionais e cidadanía) parece que aínda non  entenden nin asumen o que supón ser unha vítima da violencia de xénero.

Coa Lei Orgánica 1/2004 de 28 de decembro de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, dase un avance notable nos dereitos formáis das mulleres vitimas da violencia, ao tempo que considera á violencia de xénero como unha manifestación da discriminación, da situación de desigualdade e das relacións de poder dos homes sobre as mulleres. E na que se apunta como causa principal da mesma aos factores de tipo cultural. Sen embargo, aínda non serveu para que eses dereitos formais sexan reais, nin para incidir neses factores socio-culturais que aínda manteñen e xustifican o mencionado fenómeno.

É certo que a violencia física exercida contra as mulleres por parte das súas parellas, asasinatos incluídos, cada vez é máis rexeitada socialmente. É visible e non sería políticamente correcto non facelo. Sen embrago, esquecemonos continuamente da violencia psicolóxica que sofren as miles de mulleres e os seus fillos e fillas, día tras día e durante anos, a mans de maridos e parellas. Maridos e parellas que en moitos casos son persoas moi ben vistas no seu entorno e nose ámbito de traballo, polo seu “comportamento irreprochable” fora do espazo doméstico.

Esta violencia psicolóxica como: vexacións, críticas, insultos, desprezos, ameazas, forzamento sexual… que ven sendo exercida dende unha posicion de poder, é frecuentemente tan bestial, que se distinguen moi pouco do tipo de violencia que noutros contextos se da en chamar tortura. Polo tanto tamén ocasiona danos e secuelas nas vítimas que a veces son irreparables. Merman os seus recursos persoais e a súa capacidade de resposta, minan a súa autoestima, aíllanas socialmente e atentan claramente contra a súa integridade psicolóxica, mais estes xeralmente non son rexeitados; nin por múltiples servizos públicos, nin polos familiares, nin polas amizades, nin polos veciños, nin en moitos casoso polos propios fillos e fillas maiores. Nin se quera son dignos dun tratamente penal axeitado. Sirva de exemplo a sentenza dun xuiz de Córdoba: ” 6 meses de cárcere por 40 anos de maltrato” (titular de El Pais del 25-10-2008). Polo tanto a sociedade seugue a ser  moi permisiva e cómplice co maltrato psicolóxico. Nin se implica nin ten iniciativa á hora de denuncialos ou á hora de dununcialos ou á hora de apoiar a denuncia que efectúa unha muller que os ven sufrindo con habitualidade.

Por eso aínda que se efectúen miles de reformas legais para erradicalos, non o conseguiremos tanto en canto non se incida no contexto sociocultural onde se orixinan e non exista un compromiso claro da cidadanía para repudiar estas conductas e comportamentos.

Mais esto non é a única dificultade ou atranco coa que nos atopamos as mulleres vítimas da violencia. Os poderes públicos tampouco están a asumir a súa responsabilidade. A día dehoxe tamén podemos manifestar ben alto que administracións galegas con competencia neste ámbito non demostraron estar á altura das circunstancias.

Os recursos asistenciais existentes diríxense fundamentalmente a informar e asesorar ás mulleres pero a penas existen dispositivos públicos e interdisciplinares nos que se facilite un tratamento especializado para a recuperación das mulleres  e a dos sues fillos e fillas. Entre 10 e 15 sesións terapeúticas ofrece o Programa de Atención Psicolóxica do Servizo Galego de Igualdade en colaboración co Colexio de Psicólogos, ás vítimas e os seus fillos e fillas.

As mulleres inmigrantes vítimas en situación irregular non contan con protección económica.

A perspectiva de xénero tan necesaria da súa aplicación para o análise e intervención en situacións de violencia, aínda non está incorporada nin pola meirande parte dos servizos públicos nin polos/as profesionais que interveñen coas vítimas: Servizos de saúde, Saúde Mental, Instituto de Medicina Legal, Puntos, Puntos de Encontro Familiar, Servizos de Protección de Menores… O que motiva que a intervención coas mulleres sexa sesgada e qeu as valoracións técnicas, díctamenes e peritaxes feitos ás vítimas presenten con demasiada frecuencia unha falta de rigor técnico que as acaba perxudicando.

As secuelas psicolóxicas por anos de maltrato, tampouco poden ser avaliadas. A inexistencia de profesionais cualificados nesta materia integrados dentro do Equipo de Forenses dos Xulgados non facilita a proba ante os Tribunais.

De igual xeito, a deficiente xestión do Servizo Galego de Igualdade no relativo á tramitación e concesión do salario da liberdade, fai que as mulleres en situacións económicas deficitarias a causa da súa dependencia económica chegan a esperar ata oito meses e máis para recibir a primeira mensualidade, etc, etc, etc.

E así podemos ir construindo unha longa lista de deficiencias que demostran obxetivamente que a violencia contra as mulleres non é unha prioridade na axenda política dos nosos representantes.

Así que non nos queda máis que continuar esixindo que se fagan efectivos os nosos dereitos. Xa non nos basta con boas palabras e declaracións. Queremos feitos. Son os nosos dereitos fundamentais os que foron vulnerados e é da xustiza reivindicar aos poderes públicos e á sociedade en xeral, axuda necesaria para poder chegar a reparalos.