VII Xornadas sobre Violencia de Xénero
Clasificado na sección Actualidade, Violencia

Creado por roris o Venres, 14 de Novembro de 2008

O concello de Lugo organiza por sétimo ano consecutivo as Xornadas Locais sobre Violecia de Xénero, este ano adicadas á prevención da violencia, e que terán lugar os días 24, 25 y 26 de novembro no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.

En horario de tarde, e como novidade, este ano farase un cineforum da película Quiero ser como Beckham, e temén un teatroforum da obra Miserere, ademáis do concerto de Diana Navarro.  De todo esto podedes atopar máis información acudindo, en horario de maña, á Casa da Muller do concello de Lugo, situada no parque de Frigsa, ou ollando o programa das xornadas.

Non podemos esquecer facer mención á conferencia que dará unha das nosas colaboradoras e socias: “Prevención da violencia dende os servicios sociais” que terá lugar o día 25 ás 9.30 horas.

O teu comentario: