Remata hoxe o ano 2008, ano que, persoalmente nós, recordaremos por ser o ano en que naceu a nosa asociación, ano que parecía nos iba a deixar menos vitimas, pero que nos útlimos días nos sacudiu con noticias terribles, ordes de protección que non se respetan, dispositivos de localización que fallan, permisos mal concedidos… noticias terribles que non fan máis que demostrar que aínda queda moito por facer.
Un novo ano comeza e con el chega a renovación, os propositos de aninovo e a intención de mellorar. Eu dígovos a todos e todas, as intencións están moi ben, pero non chegan. Temos que pensar que este pode ser realmente o ano do cambio, ano no que se lle otorgue á violencia machista a relevancia que debe ter nos medios de comunicación, administracións e sociedade en xeral; porque non debemos esquecer o poder da vox populi. É a hora de acabar co machismo; co que mata, e tamén con todo aquel machismo que está “ben visto”, permitido e tan instaurado na nosa sociedade que nin sequera nos percatamos del, porque é neste machismo no que se basean tódolos asesinatos cometidos e tódalas agrasións.
Unha media de 70 mortes anuais nos útlimos anos, 70! Setenta mulleres asasinadas pola persoa coa que decidiron compartir a súa vida, o pai dos seus fillos, a persoa que elas unha vez quixeron. Pero non esquecer que estas mortes non son máis que a mostra máis evidente e desgarradora doutro milleiro de mulleres que sufren e son maltratadas a diario.
Este pode ser o ano do cambio, de ti depende, porque tódalas persoas poden facer algo contra a violencia machista, espero que o teñades en conta á hora de facer os vosos propósitos de aninovo.
Así que espero que todas e todos teñamos un ano 2009 moi feliz e que os vosos propósitos de aninovo se tornen accións para que cada ano sexa mellor co anterior.
Unha aperta.

En estas fechas entrañables quien no conoce una niña o niño a quien hacerle un regalo por Reyes o Papa Noel, puede parecer simple hacerlo debido a la amplia oferta y a que es fácil conocer los gustos del menor gracias a la famosa Carta a los Reyes Magos, pero yo os invito a todos y todas a reflexionar un momento sobre ese juguete que vamos a comprale y como va a afectar al desarollo del niño, porque los juguetes además de lúdicos, deben ser educativos, ya que forman parte de la socialización del niño o niña.
