Curso de defensa persoal
Clasificado na sección Actualidade, Violencia

Creado por roris o Martes, 27 de Xaneiro de 2009

A CEL ofrece un curso de defensa persoal para traballadores/as que terá lugar os sábados de 9 a 14 horas do 14 de febreiro ata o 18 de abril. O curso está totalmente subvencionado e pretende mostrar as persoas participantes como afrontar situacións na vida real e iniciar e dar a coñecer a utilidade das técnicas, non só como defensa senón tamén como actividade formativa para a saúde física e mental.

Podedes apuntarvos chamando canto antes ao teléfono 902300982

Parece unha moi boa ocasión para ir aprendendo a defenderse soas e valerse por unha mesma ata en situacións conflictivas, non a desaproveitedes!

O teu comentario: