Parece ser que as veces as administracións si escoitan e teñen en conta o sentir popular. Digoo porque tras multiples queixas de moi distintos foros, o noso incluído, sobre o funcionamento do punto de encontro da nosa cidade, tomáronse as medidas oportunas para mellorar a situación.
Aqui vos presentamos o novo Decreto que regula os puntos de encontro na nosa comunidade, do que facemos un breve resumo:
Defínese PUNTO DE ENCONTRO como un servizo que faliciata e preserva a relación entreoas e os menores e as persoas das súas familias , e que perimete e garante a seguridade e o benestar das nenas e dos nenos e facilita o réxime de visitas. Faise especial fincape no seu caracter neutral.
Os puntos de encontro deberán rexerse polos seguintes principios de actuación:
- Interese das e dos menores: sempre será prioritaria a seguridade e benestar do menor.
- Voluntariedade
- Imparcialidade: evitando posicionamentos a favor de calquera membro da familia en prexuizo ou detrimiento de outros.
- Neutralidade: non estarán vinculados a ningún grupo ideolóxico, relixioso ou político.
- Confidencialidade
- Non interferencia, respectando as actuacións levadas a cabo por outros dispositivos de benestar social.
- Subsidariedade e temporalidade, orientado sempre hacia a normalización das relacións.
Son obxectivos do punto de encontro:
- Favorecer o cumprimento do réxime de visitas.
- Facilitar o encontro das fillas e fillos co proxenitor/a non custodio e coa sua famlia extensa.
- Acadar a normalización das relaciones famliares
- Previr situacións de violencia e garantir a seguridade dos menores durante o cumprimento do réxime de visitas.
- Favorecer e potenciar nos nenos e nenas unha boa relación cos proxenitores.
- Facilitar orientación profesional para mellorar as relacioóns materno/paterno filiales e as habilidades parentais de crianza.
- Proporcionar axuda e asistencia directa ás vitimas de violencia de xénero.
- Dispoñer de información fidedigna sobre as actitudes e aptitudes parentais.
Poderán acceder aos puntos de encontro todas as persoas que o precisen, sempre que así o estableza unha resolución xudicial ou administrativa, sempre que o proxenitor que ten a tutela dos nenos e nenas resida en Galicia.
Son dereitos das persoas usuarias:
- A protección da súa intimidade persoal e da súa propia imaxe, así como o segredo profesional do seu historial e á protección dos datos persoais.
- Ser informadas sobre o seu expediente persoal.
- A ser informadas sobre o Regulamento do punto de encontro familiar.
- Presentar queixas e suxestións.
- Acceder, permanecer e cesar na utliización do servizo por vontade propia, agás resolución xudicial.
- Ter acceso integral á información sobre os seus dereitos e recursos existentes, especialmente as mulleres con discapacidade e victimas de violencia de xénero.
Son deberes das persoas usuarias:
- Respectar as normas establecidas.
- Cumprir os horarios.
- Achegar todo o necesario para o desenvolvemento das visitas.
- Non presentar comportamentos violentos, físicos ou verbais.
- Non consumir ningunha sustacia que poida altarar as súas capacidades, antes ou durante o desenvolvemento das visitas.
- Responsabilizarse da atención e coidado dos e das menores no transcurso da vsita.
- Facer un bo uso das instalacións.

