Exames, traballo, cursos… mil cousas que facer, pero, tipico de mi en estos casos, en vez de facer o que teño que facer, deume por pensar/divagar…
É unha das actividades e obxectivos desta asociación ser critica coas institucións, coas actuacións, co tratamento que recibe a violencia de xénero nos medios, na sociedade… precisamente tratamos de facer critica constructiva e denuncia para cambiar as cousas e mellorar a situación das mulleres, as que sofren ou sufriron violencia de xénero e as que non, porque non olvidemos, este é un problema de todas e todos.
Moito é o que se leva acadado, pero moito é ainda o que queda por facer, ben certo é tamén que as cousas non andan ben cando hai unha media de 70 mulleres asasinadas por ano. Queixámonos de moitas cousas pero… que pasa coa autocrítica? Non deberíamos pensar tamén nos, as persoas e asociacións que loitamos contra a violencia de xénero e pola igualdade, que é o que estamos a facer mal?
Esta ben que vexamos os nosos logros e plantexemos novos obxectivos a acadar pero para acadar estos é necesario tamén facer autocrítica. Así como pretendemos que se incorpore a pesrpectiva de xénero aos diversos ámbitos da sociedade, non deberíamos tamén nos ter en conta outras perspectivas?
Digo esto porque, tal vez no noso impetu por cambiar a realidade das mulleres nesta sociedade, estemos esquecendo ao principal e máis importante factor de cambio… a propia sociedade. Son certas as criticas e somos demasiado radicais? Ou tal vez esas críticas non son máis que outra extratexia para botar por terra o traballo de, por e para as mulleres? Onde está o equilibrio entre autocritica e non dubidar dunha mesma?
Solo é unha pequena reflexión, da que me gustaría coñecer a vosa opinión, así que… espero as criticas
Apertas para todas e todos.

