Arquivo Marzo, 2009...

De aniversario…
Clasificado en eMuller

Creado por roris o Martes, 31 de Marzo de 2009

pastel_mes_de_julioHoxe o noso espacio web cumple un aniño!

Xa fai pouco máis de un ano que a Asociación Enriqueta Otero votou a andar, e aínda que tivemos  uns comezos  algo complicados, levamos xa un ano chegando a todos e todas vos a través de internet… Por eso quero agradecer, hoxe espcialmente, aos creadores e diseñadores de este espacio web. Moitas gracias polo apoio técnico, por estar sempre ahi para resolver ás dúbidas e por todo o que levamos aprendido, deste  abraiante mundo das novas técnoloxías.

É hora de facer balance anual , e  non son moitas as cousas que levamos feitas, pero estamos ahi, que é o importante e pensamos seguir estando por moito tempo.  Somos unha asociación pequena, pero non imos parar ata acadar o noso obxectivo, unha sociedade máis xusta e igualitaria. Así que non se preocupar que aínda hai “quetas” para moito, porque é moito o que queda por facer.

Un saúdo e apertas de parte de toda a asociación para todos e todas os que colaborastes dalgunha forma con nós, grazas simplemente por estar ahi, apoiando a nosa causa, acudindo as nosas actividades, visitando a nosa web, compartindo en definitiva a nosa luita.

Nova sección
Clasificado en Breves

Creado por roris o Luns, 30 de Marzo de 2009

Inauguramos hoxe esta nova sección de noticias breves coa seguinte información:
- A Asociación Enriqueta Otero cambia a seu punto de encontro, seguiremos reunindonos os martes ás 17.30 pero a partir de maña farémolo no novo espazo creado pola Xunta para uso das asociacións, o LUG II, antiga residencia Val e Gay, que se atopa na rúa Pintor Corredoira.
- Maña martes 31 de marzo levarase a cabo un taller sobre violencia de Xenero, impartido por unha das nosas colaboradoras e socias, Mariola, experta no tema. Non perdades a ocasión de achegarvos, estaremos encantadas de escoitar as vosas dudas e preguntas.

Moitas máis actividades próximamente…

Cambia o conto!
Clasificado en Humor, Igualdade, Lecturas

Creado por roris o Domingo, 29 de Marzo de 2009

Todos e todas estamos de acordo en que a violencia cara ás mulleres é unha lacra social.

A  maioría queremos acabar con este problema pero para eso debemos atallalo  pola base.  Intentar cambiar esas crenzas que temos tan interiorizadas, que non somos nin conscientes ou que non queremos cuestionar, esas crenzas nas que se basea este tipo de violencia.

Ideas extendidas como  “o amor pode con todo”, a “media laranxa”, ideas como que se non tes parella non estas completo/a,  o principe azul, en definitiva todas as ideas do amor romántico que imperan na nosa sociedade, ideas que se nos transmiten dende todolos ámbitos da sociedad, peliculas, cancións, series de televisión, publicidade, contos… Ideas que fan infeliz a moita xente, ideas que fan que  as persoas aguanten situacións que non deberían permitir! Porque o amor non o é todo, alomenos a idea de amor “romántico” que se nos fai creer dende que nacemos. Hai moitos tipos de amor, cada quen escolle o que quere para si, pero antes de escoller pensa ben no que mereces. Mereces algo mellor?

Cambiemos o conto!

E para ir empezando podedes votarlle un ollo a esta nova versión do conto da “Cenicienta“.

Sesión cinema con motivo da celebración do Día Internacional da Muller
Clasificado en eMuller

Creado por Administrador o Xoves, 12 de Marzo de 2009

Sesión Cinema Día Internacional da Muller 2009

O vindeiro venres, 13 de marzo a Asociación Enriqueta Otero organiza unha sesión cinema en A Cova da Terra para celebrar o Día Internacional da Muller (8 de marzo). As actividades que se levarán a cabo son as seguintes:

19:30.- DOCUMENTAL “El largo camino hacia la igualdad. Feminismo en España”. Instituto de la Mujer
20:00.- PELÍCULA “Las mujeres de verdad tienen curvas”
21:30.- COLOQUIO

Cristina Ferreiro
Clasificado en Actualidade, Empoderadas

Creado por roris o Martes, 10 de Marzo de 2009

Seica tiñamos esta sección algo olvidada, pero retomoa con gusto para dedicarlla a unha prezada amiga.

A poeta luguesa  Cristina Ferreiro presenta o vindeiro mércores ás 20 horas na librería Trama de Lugo o seu primeiro libro Desequilibras e caer.

Sen máis deixovos con un anaquiño do seu arte:

AS NOITES DE VIGÍLIA E OS PÁSSAROS

a partir desta linha ela olvida as palavras,

os dicionários, as noites de vigília

e os pássaros


a partir de aqui, ela perde os sentidos

as estradas, as noites de sono e os motivos:

a parte defora do seu corpo inventa-se a si mesma


a partir de ti,

ela perde a fala,

os semáforos:

olvida as datas e a partir daqui

ela

cria o cenário:


tu falas os teus sonhos

dentro duma película de cinema mudo

Se tedes un maior interese na súa poesía podedes atopala no recén creado Centro Social Vagalume, sito na Rúa das Nóreas (antigo pub Emo) impartindo obradoiros de escrita creativa.

TODOS A ESCRIBIR: Obradoiro de escrita creativa
Datas: Comeza o Venres 20 marzo. Dous venres ó mes, alternados
Título: Obradoiro de escrita creativa, Todos a escribir
Resumo: Actividade de creación e formación, dende un punto de vista lúdico e de
participación individual e colectiva para traballar distintos xéneros da escrita creativa e
fomentar o uso da literatura en todos os ámbitos da vida.
Hora comezo: 18:00
Hora remate aprox.: 19:30 – 20:00
Organiza: Cristina Ferreiro
Contacto: cristinha2005@hotmail.com

8 de marzo
Clasificado en Actualidade, Lecturas

Creado por roris o Domingo, 8 de Marzo de 2009

Se celebra hoy desde hace más de 100 años el Día Internacional de la mujer,  y para conmemorarlo un poco de poesía:

BEATUS ILLE

Dichoso aquel

que en otro tiempo

encontraba:

la casa limpia,

la ropa planchada,

la mesa puesta,

los niños durmiendo,

y la mujer

a sus órdenes.

Así dirán,

mañana,

los hombres de hoy

cuando recuerden

estos días

de oficio sin sexo

que por siglos

eludieron,

calificándolos, astutos,

de “femeninos”.

Y…es muy natural

que así se lamenten

como añoran hoy

quienes evocan

los felices tiempos

de un ayer de esclavos

sin sindicatos ni leyes

y sin derechos humanos.

Tiempos iguales

a los que hoy corren

tras las cerradas puertas

de nuestra intimidad,

como trabajadoras

de doble jornada

sin descanso y sin salario;

desterradas sexuales

de los altos sillones

del poder y la fama.

<!–

Autora: Luz Méndez de la Vega.

De: Las Voces Silenciadas.