Cristina Ferreiro
Clasificado na sección Actualidade, Empoderadas

Creado por roris o Martes, 10 de Marzo de 2009

Seica tiñamos esta sección algo olvidada, pero retomoa con gusto para dedicarlla a unha prezada amiga.

A poeta luguesa  Cristina Ferreiro presenta o vindeiro mércores ás 20 horas na librería Trama de Lugo o seu primeiro libro Desequilibras e caer.

Sen máis deixovos con un anaquiño do seu arte:

AS NOITES DE VIGÍLIA E OS PÁSSAROS

a partir desta linha ela olvida as palavras,

os dicionários, as noites de vigília

e os pássaros


a partir de aqui, ela perde os sentidos

as estradas, as noites de sono e os motivos:

a parte defora do seu corpo inventa-se a si mesma


a partir de ti,

ela perde a fala,

os semáforos:

olvida as datas e a partir daqui

ela

cria o cenário:


tu falas os teus sonhos

dentro duma película de cinema mudo

Se tedes un maior interese na súa poesía podedes atopala no recén creado Centro Social Vagalume, sito na Rúa das Nóreas (antigo pub Emo) impartindo obradoiros de escrita creativa.

TODOS A ESCRIBIR: Obradoiro de escrita creativa
Datas: Comeza o Venres 20 marzo. Dous venres ó mes, alternados
Título: Obradoiro de escrita creativa, Todos a escribir
Resumo: Actividade de creación e formación, dende un punto de vista lúdico e de
participación individual e colectiva para traballar distintos xéneros da escrita creativa e
fomentar o uso da literatura en todos os ámbitos da vida.
Hora comezo: 18:00
Hora remate aprox.: 19:30 – 20:00
Organiza: Cristina Ferreiro
Contacto: cristinha2005@hotmail.com

O teu comentario: