De aniversario…
Clasificado na sección eMuller

Creado por roris o Martes, 31 de Marzo de 2009

pastel_mes_de_julioHoxe o noso espacio web cumple un aniño!

Xa fai pouco máis de un ano que a Asociación Enriqueta Otero votou a andar, e aínda que tivemos  uns comezos  algo complicados, levamos xa un ano chegando a todos e todas vos a través de internet… Por eso quero agradecer, hoxe espcialmente, aos creadores e diseñadores de este espacio web. Moitas gracias polo apoio técnico, por estar sempre ahi para resolver ás dúbidas e por todo o que levamos aprendido, deste  abraiante mundo das novas técnoloxías.

É hora de facer balance anual , e  non son moitas as cousas que levamos feitas, pero estamos ahi, que é o importante e pensamos seguir estando por moito tempo.  Somos unha asociación pequena, pero non imos parar ata acadar o noso obxectivo, unha sociedade máis xusta e igualitaria. Así que non se preocupar que aínda hai “quetas” para moito, porque é moito o que queda por facer.

Un saúdo e apertas de parte de toda a asociación para todos e todas os que colaborastes dalgunha forma con nós, grazas simplemente por estar ahi, apoiando a nosa causa, acudindo as nosas actividades, visitando a nosa web, compartindo en definitiva a nosa luita.

2 comentarios en “De aniversario…”

O teu comentario: