Inauguramos hoxe esta nova sección de noticias breves coa seguinte información:
- A Asociación Enriqueta Otero cambia a seu punto de encontro, seguiremos reunindonos os martes ás 17.30 pero a partir de maña farémolo no novo espazo creado pola Xunta para uso das asociacións, o LUG II, antiga residencia Val e Gay, que se atopa na rúa Pintor Corredoira.
- Maña martes 31 de marzo levarase a cabo un taller sobre violencia de Xenero, impartido por unha das nosas colaboradoras e socias, Mariola, experta no tema. Non perdades a ocasión de achegarvos, estaremos encantadas de escoitar as vosas dudas e preguntas.
Moitas máis actividades próximamente…

