SORTEO DE 3 POLVOS GRATIS CON UNA CHICA A ELEGIR
Clasificado na sección Violencia

Creado por casandra o Martes, 21 de Abril de 2009

luxor-11

Resulta intolerable que carteis coma este circulen impunemente por aí. Dende o estricto ámbito da publicidade resulta dunha brutalidade extrema. O sexismo presente en  innumerables  campañas publicitarias de marcas de coches, colonias, deterxentes… é unha auténtica inxenuidade, se o comparamos con exemplos coma este. E todo a pesar da existencia dunha lexislación que protexe ás mulleres contra os abusos á súa imaxe. Así, por exemplo, a Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género, establece no seu artigo 10 , sobre a publicidade ilícita : “Se considerará como ilícita la publicidad que utilice la imagen de la mujer con carácter vejatorio o discriminatorio”. Non se me ocurre nada máis discriminatorio e vexatorio que  un “sorteo de 3 polvos gratis con una chica a elegir”

 

 

Pero con ser escandaloso, brutal, intolerable… é só o envoltorio da degradación e a humillación que sufren moitas mulleres que exercen a prostitución. Unha porcentaxe bastante estimable destas mulleres é vítima de trata de persoas con fins de explotación sexual. Teñamos en conta que segundo a Red Española de Lucha contra la Trata de Personas, España é un dos principais países de tránsito e destino da trata en Europa.

 

As mulleres que exercen a prostitución son  na súa maioría estranxeiras. Dentro do tráfico clandestino de mulleres para o exercicio da prostitución observamos que  permanecen a miúdo retidas e explotadas, coa súa documentación retirada, e como di Cristina García Gallego, avogada especialista en Dereito de Estranxeiría e Movementos Migratorios: “”en medio dunha violencia psicolóxica, física e moral, baixo continuas ameazas a súa vida e a dos seus seres queridos no país de orixe”. Segundo Alecrín no Informe “Prostitución feminina en Lugo”, encargado e  editado polo Concello de Lugo: “O 51,61% das mulleres entrevistadas mediante cuestionario recoñeceron ter chegado a Lugo a exercer a prostitución vítimas da trata, adquirindo unha débeda duns 6.000 € cos “captadores” ou donos de clubes e pisos”.

 

Este son só algúns datos da situación de esclavitude na que viven moitas mulleres.

1 comentario en “SORTEO DE 3 POLVOS GRATIS CON UNA CHICA A ELEGIR”

O teu comentario: