Arquivo Xuño, 2009...

Nasija
Clasificado en Violencia

Creado por mariola o Luns, 22 de Xuño de 2009

CORTAMETRAXE PREMIADO NOS 5 CONTINENTES CON MÁIS DE 50 PREMIOS.

A cortometraxe estrenada no an 2006, relata, a través da historia dunha xoven africana- que vai ser castigada por ir en contra da sociedade-o maltrato físico e psicolóxico ao que é sometida a muller nalgunhas culturas nesa parte do mundo.

Rodada en entornos naturais da Illa de Tenerife, con Roberto Ríos como director de fotografía e ecámara; Guillermo Ríos  na dirección e escritura do guión; Carlos Sáenz na Dirección Artística; Santiago Ríos na Producción, Teodoro Ríos na Producción Ejecutiva e Mento como autores da música, reproduce os entornos da África Subsahariana.

http://www.dailymotion.com/video/x2y3ti_nasija_shortfilms

 

 

4 meses, 3 semanas e 2 días
Clasificado en filmoquetas

Creado por casandra o Venres, 19 de Xuño de 2009

012

4 MESES, 3 SEMANAS E 2 DÍAS

(RUMANÍA)

2007

DIRECTOR: CRISTIAN MUNGIU

ACTRICES: ANAMARIA MARINCA E LAURA VASILIU

 

Entre outros premios, recibiu a Palma de Oro no Festival de Cannes en 2007.

 

O mércores 17 de xuño proxectamos 4 MESES, 3 SEMANAS E 2 DÍAS. Está ambientada na Rumanía dos anos 80, ao final do réxime comunista. Narra a historia de dúas compañeiras de habitación que organizan unha cita cun médico nun hotel  para que lle practique un aborto a unha delas, embarazada. O filme reflicte a angustia e o perigo para a súa liberdade e, incluso, para a súa propia vida, posto que a interrupción voluntaria do embarazo está prohibida e ten que producirse en condicións moi precarias.

 

Ao finalizar a proxección, tivo lugar un coloquio no que participaron 15 persoas. O dereito a decidir foi o tema central sobre o que xirou o debate.

 

A partir de setembro continuaremos coa sección FILMOQUETA. Moitas grazas á Cova da Terra polo seu apoio.

 

“5X2= 9″. Dez miradas contra a violencia de xénero
Clasificado en Lecturas

Creado por mariola o Mércores, 17 de Xuño de 2009

violencia21 

 

 

http://www.edicionespeninsula.com/es/llibre/5×2-9_10829.html

 

Cinco escritoras españolas comprometidas contra a violencia de xénero,  Ángeles Caso, Espido Freire, Rosa Regas, Eugenia Rico e Lourdes Ventura, firman neste libro  unha recopilación dos relatos que construiron sobre a testemuña doutras tantas mulleres que en distintos momentos das súas vidas foron  vítimas de agresións, vexacións e ameazas machistas.

PROXECIÓN DA PELÍCULA ” 4 MESES, 3 SEMANAS E 2 DÍAS”
Clasificado en filmoquetas

Creado por mariola o Martes, 16 de Xuño de 2009

FILMOQUETA

Como remate das actividades deste curso proxectamos a peli que versa sobre o dereito das mulleres a decidir.

Agardámosvos.

Boas vacacións e vémonos en setembro.

O camiño da auga
Clasificado en Actualidade, Igualdade

Creado por roris o Venres, 12 de Xuño de 2009

logo_peq2Tal como aconteceu hai agora un ano nas rúas de Compostela, Implicadas/os No Desenvolvemento leva o problema do abastecemento de auga en Etiopía, e en toda África, ás rúas galegas. Desta vez, facendo que O Camiño da Auga recorra a muralla luguesa e as rúas da cidade. Esta mañá, de reivindicación e sensibilización, pero tamén de diversión, o programa transcorrerá como indicamos a seguir:

11.00 h. Chegada das autoridades públicas convidadas. Recibiraas María Reimóncez, en representación de Implicadas No Desenvolvemento, no adro da catedral.
11.30 h. Comeza o percorrido pola muralla e as rúas de Lugo carrexando as mesmas garrafas que utilizan as mulleres etíopes, cheas de auga, que irán pasando de persoa a persoa por quendas, xa que se animará ao público presente a unirse ao camiño da auga. O percorrido será o seguinte.

  • Porta de Santiago
  • A Mosqueira
  • Campo Castelo
  • Rúa de San Pedro
  • Rúa Xoán Montes
  • Rúa da Raíña
  • Praza Maior

No percorrido contaremos, entre outras con:

  • Carmen Basadre, Concelleira de Muller e Benestar a cantante
  • Pilocha, cantante
  • Blanca Rodríguez Pazos, Delegada de Vicepresidencia y Benestar Social
  • Lucía López Bayo, xornalista
  • María Reimóndez, escritora e presidenta de Implicadas
  • Pilar Neira, presidenta de Mulleres Deportistas Galegas e Seleccionadora galega de fútbol
  • Iria González-Dopeso, deportista paralímpica
  • Asociación contra a Violencia de Xénero Enriqueta Otero
  • A Cova da Terra

12.00 h. Comezan as actividades de animación de rúa na Praza Maior organizadas polas asociacións ATEIBO e María Castaña: xogos, obradoiro de globoflexia, distribución de folletos, etc.
13.00 h. Chegada á Praza Maior e lectura do manifesto.

Agardamos contar con todas e todos vós nesta xornada, tan importante para Implicadas.

Máis información en www.augaparaetiopia.org