
4 MESES, 3 SEMANAS E 2 DÍAS
(RUMANÍA)
2007
DIRECTOR: CRISTIAN MUNGIU
ACTRICES: ANAMARIA MARINCA E LAURA VASILIU
Entre outros premios, recibiu a Palma de Oro no Festival de Cannes en 2007.
O mércores 17 de xuño proxectamos 4 MESES, 3 SEMANAS E 2 DÍAS. Está ambientada na Rumanía dos anos 80, ao final do réxime comunista. Narra a historia de dúas compañeiras de habitación que organizan unha cita cun médico nun hotel para que lle practique un aborto a unha delas, embarazada. O filme reflicte a angustia e o perigo para a súa liberdade e, incluso, para a súa propia vida, posto que a interrupción voluntaria do embarazo está prohibida e ten que producirse en condicións moi precarias.
Ao finalizar a proxección, tivo lugar un coloquio no que participaron 15 persoas. O dereito a decidir foi o tema central sobre o que xirou o debate.
A partir de setembro continuaremos coa sección FILMOQUETA. Moitas grazas á Cova da Terra polo seu apoio.

