Arquivo Novembro, 2009...

Comunicado contra a violencia de xénero
Clasificado en Varios

Creado por roris o Venres, 27 de Novembro de 2009

A Violencia de Xénero é un problema social de grande relevancia, aínda moi enraizado na nosa sociedade. É unha violencia de tipo estrutural que ten a función de reforzar o control que tradicionalmente veñen exercendo os homes sobre as mulleres nas nosas sociedades. Por tanto derívase das desigualdades existentes entre homes e mulleres, empregándose como instrumento de poder e control para manter esas desigualdades. Maniféstase a través da violencia física, psicolóxica e sexual exercida contra as mulleres polo mero feito de selo. Polo que representa unha clara vulneración dos seus dereitos humanos.

E por iso que as e os aquí presentes queremos:

  • Expresar a nosa solidaridade ás familias e os fillos e fillas das 57 mulleres asasinadas polas súas parellas e exparellas ao longo deste ano 2009.

  • Condear públicamente calquera acto de violencia, sexa do tipo que sexa, que atente contra a dignidade, a liberdade, a integridade e a seguridade das mulleres.

  • Revindicar que dunha vez por todas haxa unha intervención máis activa das distintas administracións públicas en relación á violencia de xénero e dentro do ámbito da súa competencia, xa que na actualidade a sociedade segue sen ser sensible a esta problemática, e as mulleres vitimas de violencia de xénero, en xeral, e as mulleres galegas, en particular, son as grandes esquecidas por parte dos distintos Poderes Públicos.

  • Demandar a posta en fucionamento xa das medidas preventivas que fixa a normativa actual vixente: A Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero e a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, entre as que queremos salientar:

  • A realización de campañas de información e concienciación de maneira sistemática e dirixidas a poboación en xeral e por sectores de poboación : mulleres vítimas, mocidade, homes…

  • Esixir o respecto á dignidade das mulleres e o seu dereito a unha imaxe non estereotipada, nin discriminatoria no ámbito da publicidade.

  • Incorporar contidos sobre o fenómeno da violencia de xénero nas universidades e en disciplinas que habiliten para o exercicio de profesións que teñan relación directa con este tema.

  • A formación obligatoria da totalidade dos e das profesionais que traballen en ámbitos relacionados directa ou indirectamente coa violencia de xénero.

  • A incoporación progresiva de materias no ámbito escolar que non vulneren o principio de igualdade

  • A difusión no ámbito escolar de proxectos e materiais didácticos actualizados, dirixidos a todos os niveis educativos, que conteñan pautas de conduta que trasmitan valores de respecto e igualdade

  • A revisión do currículo en todos os niveis educativos e nos Proxectos educativos curriculares de Centro, para que se garanta a perspectiva de xénero e a igualdade entre homes e mulleres.

  • Que se garanta a representación e a participación no Consello Escolar de Galicia dun órgano da administración autonómica que exerza a competencia en materia de igualdade.

  • Que se incopore un novo membro aos Consellos escolares , elixido por estes, para que se impulsen medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres

  • A Creación da Comisión contra a Violencia de Xénero dentro Consello Interterritorial de Saúde

  • Denunciar públicamente que os principais dereitos que lle asisten ás mulleres galegas recoñecidos en virtude da normativa que se menciona con anterioridade , non están sendo efectivos e polo tanto están a ser vulnerados:

    • O Dereito á información axeitada a súa situación persoal aínda sendo o dereito máis universalizado non está garantido dr igual xeito para as mulleres galegas segundo residan nun territorio urbano ou rural.

    • O dereito á defensa xurídica especializada, na Provincia de Lugo non é posible, xa que a quenda específica de violencia posta en funcionamento polo Colexio de Avogados da cobertura de maneira indistinta as mulleres vítimas e a presuntos maltratadores.

    • O dereito a Asistencia Social Integral que se contempla na Lei e que se ten que materializar no dereito das mulleres e os seus fillos e fillas aos servizos socias de atención , emerxencia, apoio, acollida e recuperación integral non se materializa en Galicia :

      • Ao non existir unha rede única de protección e asistencia autonómica que posibilite a intervención en casos de violencia de xénero en base aos criterios de atención permanente , actuación urxente, especilidade de prestacións e multidisplinaridade profesional , tal como estipula a Lei orgánica. Existen recursos de acollida dispersos e dependendentes das Corpacións Locais ( Lugo, Coruña e Ferrol) e de Entidades de Iniciativa Social ( Ourense) e que o seu funcionamento e mantemento emana da vontade política e institucional de quen os crea e desenvolve, sen que exista un criterio común e unificado de funcionamento para a comunidade autónoma galega no seu conxunto (Artg.47.4).

      • Ao non ser posible neste intre en Galicia o acceso a prazas de acollida para situacións de emerxencia que requiran unha intervención urxente . Cóntase cun único Centro de Emerxencia en Vigo para toda a Comunidade e que leva meses pechado por atoparse en obras.

      • Ao diminuír de maneira considerable nos últimos 3 anos as prazas de acollida específicas que dan cobertura a situacións xerais de malos tratos. Pecháronse as casas de acollida de Santiago e Vigo que dependían da Administración local e a casa da acollida de Pontevedra da que era titular Cáritas Diocesana. Como consecuencia, na actualidade toda provincia de Pontevedra careza de equipamentos de acollida especializados.

      • Ao non crearse o Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero tal como se establece no artigo 49 da Lei 11/ 2007, do 27 de xullo, Galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

      • Ao limitarse a atención psicológica ás mulleres galegas e aos seus fillos e fillas a un número de sesións conveniadas previamente co colexio de Psicoloxía, mentres que se empregan recursos económicos públicos en programas de atención psicolóxica a maltratadores, sen que antes estean cubertas as necesidades das vítimas supervivintes.

      • Ao non garantirse o apoio educativo e en igualdade ás novas unidades familiares resultantes despois de vivir un proceso de violencia de xénero en Galicia.

      • Ao non facilitárselles ás mulleres galegas vítimas de malos tratos e aos seus fillos e fillas unha formación preventiva en valores de igualdade dirixida ao seu desenvolvemento persoal e a adquisición de habilidades na resolución non violenta de conflitos.

      • Ao non garantirse dunha maneira sistematizada o apoio á formación e a inserción laboral de todalas mulleres vítimas

    • O dereito á percepción de axudas sociales regulado na Lei galega non é un dereito subxetivo e e o procedemento está suxeito a réxime de concorrencia non competitiva, en función da disponibilidade orzamentaria. Polo que neste intre o tan publicitado Salario da Liberdade carece de orzamento, e as solicitudes formuladas ao longo do ano 2009 aínda están sen resolver, mesmo para os casos que se esgotara o plazo máximo de 6 meses estipulado para a resolución do seu expedente. Polo que a finalidade da axuda está en entredito e non permite en ningún dos casos poder afrontar os gastos que supoñen nun primeiro momento o inicio un novo proxecto de vida en liberdade autónomo e independente por parte das mulleres que sofren violencia a mans dos seus conxuxes ou parellas.

Por todo o exposto, ESIXIMOS.

O cumplimento da normativa vixente, por medio dun incremento dos recursos humános, materiais e financieiros, a través do exercicio dunha acción coordinada entre os niveis local, autonómico e estatal, e a non discriminación das mulleres vítimas de violencia de xénero pola súa situación administrativa, persoal ou social.

ACTO CONTRA A VI0LENCIA DE XÉNERO
Clasificado en Varios

Creado por casandra o Sábado, 21 de Novembro de 2009

CONVOCATORIA ACTO PÚBLICO:

“HOMENAXE ÁS MULLERES ASASINADAS VÍTIMAS DA VIOLENCIA MACHISTA”

MARTES 24 DE NOVEMBRO.

20:30 H. PRAZA MAIOR. LUGO

Coincidindo coa conmemoración do 25 de novembro: “Día Internacional contra a Violencia de xénero”, a “ASOCIACIÓN DE MULLERES LUGUESAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ENRIQUETA OTERO”, celebrará un acto de rexeitamento da violencia exercida contra as mulleres e de lembranza e homenaxe ás vítimas, que terá lugar o MARTES 24 DE NOVEMBRO A PARTIR DAS 20:30 H. FRONTE Á CASA CONSISTORIAL, NA PRAZA MAIOR.

Consistirá nunha intervención espacial sobre a temática dos malos tratos, a cargo de rapazas e rapaces da “Aula de Teatro da Escola Arte Lecer Fingoi”, baixo a dirección de Paloma Lugilde e Paula Buján. Ademais participará o contacontos Anxo Moure, ecopacifista chantadino cunha ampla traxectoria en defensa das máis diversas causas solidarias. Contará un conto como homenaxe ás vítimas. No acto teremos árbores aportadas pola Campaña “Plantabosques” de Xevale-FEG. Cada árbore levará o nome de cada unha das 57 vítimas da violencia machista. Ás persoas que o desexen se lles entregará unha árbore para que a pranten na súa memoria.

Trala representación, a directora teatral, Paloma Lugilde, lerá un manifesto, no que expresaremos a nosa solidariedade ás vítimas, así como ás súas familias, e reivindicaremos unha intervención máis activa das distintas administración públicas no ámbito das súas competencias para rematar coa lacra social dos malos tratos.

0571

Agardamos contar coa vosa presenza.