CONVOCATORIA ACTO PÚBLICO:
“HOMENAXE ÁS MULLERES ASASINADAS VÍTIMAS DA VIOLENCIA MACHISTA”
MARTES 24 DE NOVEMBRO.
20:30 H. PRAZA MAIOR. LUGO
Coincidindo coa conmemoración do 25 de novembro: “Día Internacional contra a Violencia de xénero”, a “ASOCIACIÓN DE MULLERES LUGUESAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ENRIQUETA OTERO”, celebrará un acto de rexeitamento da violencia exercida contra as mulleres e de lembranza e homenaxe ás vítimas, que terá lugar o MARTES 24 DE NOVEMBRO A PARTIR DAS 20:30 H. FRONTE Á CASA CONSISTORIAL, NA PRAZA MAIOR.
Consistirá nunha intervención espacial sobre a temática dos malos tratos, a cargo de rapazas e rapaces da “Aula de Teatro da Escola Arte Lecer Fingoi”, baixo a dirección de Paloma Lugilde e Paula Buján. Ademais participará o contacontos Anxo Moure, ecopacifista chantadino cunha ampla traxectoria en defensa das máis diversas causas solidarias. Contará un conto como homenaxe ás vítimas. No acto teremos árbores aportadas pola Campaña “Plantabosques” de Xevale-FEG. Cada árbore levará o nome de cada unha das 57 vítimas da violencia machista. Ás persoas que o desexen se lles entregará unha árbore para que a pranten na súa memoria.
Trala representación, a directora teatral, Paloma Lugilde, lerá un manifesto, no que expresaremos a nosa solidariedade ás vítimas, así como ás súas familias, e reivindicaremos unha intervención máis activa das distintas administración públicas no ámbito das súas competencias para rematar coa lacra social dos malos tratos.

Agardamos contar coa vosa presenza.

