Aquí estamos de novo, pois non podíamos esquecer esta data tan importante… prometemos novedades nesta nova etapa, asi que estade atentas e atentos!!! De momento deixamosvos unha recopilación dos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller.
ACTOS DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
5 de marzo
- Presentación do libro Camiñan descalzas polas rochas, ás 20:00 horas no salón de actos da Fundación Caixa Galicia, organizado por AMNISTIA INTERNACIONAL e a EDITORIAL TRIS TRAM
- Cea Mulleres solidarias por Haití, ás 21:30 horas, no restaurante Manuel Manuel, organizada polo Concello de Lugo.
6 de marzo
- Da comezo o curso de Defensa Persoal, que terá lugar sábados e domingos do mes de marzo, de 11 a 13 horas no centro de convivencia Maruja Mallo. Organizado polo Concello de Lugo e impartido por Agustín Trigo, presidente da Federación Galega de Taekwondo.
7 de marzo
- Marcha pola igualdade: Saída da Praza Maior ás 11:30, organizado polo Concello de Lugo.
8 de marzo
- O Foro de Participación Cidadá en Materia de Igualdade convoca unha Concentración baixo o lema A crise ten xénero femenino, ás 20 horas, diante da Casa do Concello.
- Obra teatral Buscando a Hilary, ás 19:30 horas no Circulo das Artes, organizado pola Fundación Caixa Galicia
9 de marzo
- Representación do espectáculo A vida de Rosa día tras día, ás 19:30 horas, no salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Organiza o Concello de Lugo, Grupo Teatral Mariklown
10 de marzo
- Mesa redonda Muller e discapacidade: a arte de ser muller, ás 17:30 horas, no Pazo de Tor, organiza a Rede Museistica de Lugo
- Proxeción do filme Lilya Forever, dentro do ciclo CINEMAS DE KANDAHARIA, ás 20:00 horas na Cova da Terra, organizan A Cova da Terra e Asociación Enriqueta Otero
13 de marzo
- Exposición videorede Xenéricas, e mesa redonda A arte de ser muller nun mundo por compartir, ás 17:30 no Museo Provincial do Mar, organiza a Rede Museistica de Lugo.
17 de marzo
- Proxeción do filme Pan e Rosas, dentro do Ciclo Cinemas de Kandaharia, ás 20 horas na Cova da Terra, organizan A Cova da Terra e a Secretaría da Muller da CIG
24 de marzo
- Conferencia Avaliación da Lei de Igualdade, ás 10:30 horas no Centro de Convivencia Maruja Mallo, organiza o Concello de Lugo.
Durante todo o mes de marzo
- Exposición de pintura das autoras femininas dos centros de convivencia.
AVISO: se tes coñecemento de algún acto ou actividade que non este aqui recollida non dúbides en mandarnola.

