Convocámosvos a todos e a todas a participar hoxe no Acto en Memoria das Vitimas da Violencia Machista, que terá lugar a partir das 19 horas na Praza Maior.
O acto pretende homenaxear a tódalas vitimas da violencia machista, pero este ano, especialmente quere homenaxear a nosa veciña falecida, e trasmitir á súa familia e amigos o noso apoio.
Na asociación lamentamos especialmente esta pérdida, a pesar de non coñecer personalmente a Montse, e pensamos que é necesario que a xente entenda de unha vez que, como dí o noso lema, “O machismo mata”, e nós (e cando digo nós, refírome a toda a sociedade) temos que facer algo axiña para cambialo, porque esté é un problema de TOD@S.
No acto contaremos coa colaboración un ano máis, da Escola Arte e Lecer Fingoi, que farán unha representación musico teatral, na que lembrarán as partes máis positivas de Montse (así nolas manifestaron algunhas persoas que a coñecían): o seu sorriso, as súas ganas de vivir, á súa profesionalidade, pois sempre tiña unha palabra amable para os pacientes, o amor, pois a pesar de todo seguía creendo no amor, etc, pero tamén a súa fraxilidade.
Ademais a nosa compañeira e artista Silvia Sanfiz realizará un mural no que invitará a xente á participar, a deixar a súa pegada, a súa mensaxe contra a Violencia de Xénero.
Esperamos vermos por ali!!!


