Arquivo Decembro, 2010...

Feliz aninovo!!!
Clasificado en Actualidade, eMuller

Creado por roris o Mércores, 29 de Decembro de 2010

O 2010 chega ao seu fin, son datas para reflexionar, facer balance, plantexar novos obxectivos, novas actividades…

Esta pequena asociación vai camiño de cumplir os tres anos, e durante este tempo tivemos que superar algunhas dificultades: dimisións, abandonos, crises internas, novas e non dexesadas responsabilidades etc etc etc. pois ser unha asociación de mulleres  en Lugo ( unha cidade pequena) non é fácil, o número de integranes é reducido, e  non é doado tampouco sumar o activismo asociativo as moitas responsabilidades  e/ou asuntos persoais que cada unha xa ten.

Mais a pesar de todo, e tendo en conta a importancia do noso obxectivo (visibilizar a problemática da violencia de xénero)  estamos aqui, facendoo mellor ou peor. De seguro haberá moitas cousas que criticarnos,  pero tamén levamos algún que outro logro en estes anos…

Este foi un ano duro, e a violencia tocounos máis preto do habitual, o que serviu ou debe servir para lembrarnos canto de importante é ou  pode ser a pequena labor que estamos intentando desempeñar, pois a escaseza de asociacións similares  estanos a dar un papel máis relevante do que temos en realidade, o que nos leva a pensar que tal vez non sexamos tan insignificantes como puidera parecer, ou polo menos que é moi necesario manter unha asociación que loite por visibilizar e apoiar ás victimas da violencia de xénero e toda a súa problemática. Vamos aprendendo polo camiño…

Quería tamén aproveitar a ocasión para agradecer unha vez máis as moitas persoas (anónimas ou non), que do seu xeito apoian tamén a nosa causa: ós nosos colaboradores e colaboradoras directas, vostedes que nos están a ler, os nosos seguidores en twitter e facebook, compañeiros e compañeiras,  amigos/as, os medios de comunicación que nos brindan o seu espazo deixando un oquiño para poñer a nosa voz (aínda que non semrpe como a nós nos gustaría), aos asistentes  ás nosas actividades,  en definitiva a todas aquelas persoas que de un xeito u outro tamén lles preocupa a violencia de xénero.

QUE TEÑADES UN FELIZ  ANO!!!

A nosa visión do Carioca
Clasificado en Actualidade, Violencia

Creado por roris o Martes, 14 de Decembro de 2010

OPERACIÓN CARIOCA: LUGO, A CIDADE ONDE NUNCA PASABA NADA”

A chamada Operación Carioca que se está a desenvolver pola Maxistrada do Xulgado de Instrucción nº 1 de Lugo está a poñer de manifesto que unha cidade tranquila e na que nunca pasaba nada, viña albergando unha trama de corrupción mafiosa.

Propietarios de bordeles e axentes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado no cárcere, empresarios, médicos, policías locais, subinspectores de policía, funcionarios do departamento policial de estranxeiría, gardas civís, funcionarios do Departamento de Estranxeiría da Subdelegación do Goberno e o propio ex Subdelegado do Goberno, veñen constituindo a abultada lista de imputados neste asunto. E dada a diversidade de ámbitos do que estes proceden, ou moito nos equivocamos, ou estamos ante unha estrutura corrupta perfectamente organizada.

Sen embargo, a importante relación de imputados e a sucesión de acontecementos que están saíndo á luz publica , moi graves e dañinos por certo, como son: o tráfico de drogas, a prostitución e a trata , as condutas abusivas que ían dirixidas a mulleres extranxeiras en situación de viulnerabilidade, o presunto boicot á investigación xudicial (fallos informáticos, portas de oficinas que son forzadas, gardas civís que se “lían” no Xulgado, presunto trato de favor dos reos encarcerados, policías nacionais de asuntos internos que se negan a deter aos seus compañeiros…). a xuizo noso, non están a ser obxeto dun rexeitamento contundente desde os distintos ámbitos da sociedade. Nin por parte dos poderes públicos nin por parte dos medios de comunicación máis representativos da cidade.

O contorno da prostitución e da trata estase a visibilizar desde unha perspectiva “morbosa” e non como un problema social que o é, tanto pola gravidade dos feitos que entraña como polas consecuencias negativas, físicas e psicolóxicas, que supoñen para as mulleres, ademais da coxuntura de debilidade, de inseguridade e de risco á que se expoñen.

Así é que estas mulleres abusadas e prostiuídas non se nomean, polo tanto, non existen para a sociedade. Cantas son, onde estan, cal é a súa situación actual?

Os colaboradores necesarios para que exista a prostitución e trata, que son os clientes, non se “tocan” , nin se cuestionan, nin se visibilizan informativamente. Visualizar ao cliente, que probablemente sexa un coñecido, un familiar , ou un suxeito posicionado na vida pública- pode “prexudicar” á sociedade.

Tampouco se lle da relevancia nos medios, nin nas institucións afectadas, á desconfiaza que supón para a cidadanía que servidores públicos imputados continúen percibindo os seus honorarios do erario público e nalgúns casos sen que se lles abrira expediente disciplinario. En cambio poñen o acento en manifestacións de preocupación pola imaxen da cidade, ou “se presiona “ desde algún medio de comunicación para que se levante o segredo do Sumario, ou se insiste por parte de distintos representantes políticos en reclamar a presunción de inocencia, como se en entredito estivesen as garantías procesais.

Paradoxos difíciles de entender para os cidadáns e cidadás que cremos nas institucións do Estado e no propio Estado de Dereito.

E por iso ESIXIMOS aos poderes públicos, en xeral, e as Intitucións afectadas, en particular, que se deixen de ambigüidades e que actúen con firmeza cos comportamentos polo de pronto “iregulares” dalgúns dos seus subordinados.

E a xuíza do Xulgado de Instrución nº1 de Lugo trasladarlle a nosa solidariedade, xa que actuacións coma as que ela está a levar a cabo, serven para que non esquezamos que por mal que lles pese a algúns, por encima da LEI non pasa ninguén.