As mulleres no rueiro, 8 de marzo 2011
Clasificado na sección Actualidade, Empoderadas, Igualdade

Creado por roris o Venres, 11 de Marzo de 2011

Este ano, que a celebración do Día da muller coincidía co martes de Entroido, decidimos facer unha comparsa reivindicativa de mulleres, o motivo, a desigualdade atopada no nomeamento de novas rúas na nosa cidade, onde recientemente se aprovaron rúas con nomes de alcaldes franquistas, e onde tan so hay un 10% de rúas con nome de muller.

Aqui podedes ver o video As mulleres no rueiro

E agora unha pequena explicación das rúas que levábamos

“AS MULLERES TOMAMOS AS RÚAS”
A presenza feminina no rueiro de Lugo, a nosa cidade, é casi nula. Tan só 25, dun total de 210 rúas,  teñen nome de muller, o que representa o 11,90 %,  e tendo en conta que as mulleres somos o 50% da poboación, é un exemplo ben claro da invisibilidade á que se nos segue a someter. A paridade no rueiro axudaría a construír a igualdade.

Asistimos con estupefacción a que se van a conceder novas rúas a alcaldes do Franquismo, o que contravén o espíritu da Lei da Memoria Histórica;  nembargantes, as mulleres seguen, seguimos, a estar ausentes. Esta sería unha oportunidade para que mulleres do ámbito local, estatal e internacional estivesen representadas no rueiro. Abondan, dende logo, mulleres con méritos sobrados para figurar entre as elixidas. Hoxe traemos aquí a unhas cuantas das miles que teñen contribuído coa historia e coa sociedade:
Rúa de Rosalind Franklin, descubridora do ADN.
Rúa de Dolores Ibárruri “Pasionaria”, deputada na II República, dirixente do PCE e loitadora antifranquista.
Rúa do 8 de marzo, “Día Internacional das Mulleres”.
Rúa de Clara Zetkin, Intelectual e feminista de esquerdas que promoveu a celebración do “Día Internacional da Muller Traballadora”, conseguindo que se adoptara o acordo na II Conferencia Internacional das Mulleres Socialistas, celebrada en Copenhague en 1910.
Rúa das mestras republicanas, defensoras da liberdade, da ciencia, da razón e da reflexión.
Rúa de Sofía Casanova,  xornalista e primeira correspondente de guerra. Académica de honra da Real Academia Galega. Rúa de Aung San Suu Kyi, Premio Nobel da Paz, cofundadora do principal partido da oposición de Myanmar. Ex presa de conciencia, pasou 13 dos últimos 19 anos detida.
Rúa de Concepción Basanta Curbera, farmacéutica e inspectora de sanidade dende 1946 a 1990. Fundadora de Manos Unidas en Lugo e Presidenta de Cáritas Diocesana.
Rúa de Emilia Naveiras Fernández, benquerida lucense que pasou a vida sementando ilusión e compromiso.
Rúa das mulleres anónimas. Todas facemos historia.
Rúa de Clara Campoamor, defensora dos dereitos da muller e principal impulsora do sufraxio para as mulleres en España, logrado en 1931..
Rúa de María Zambrano. II República. Participou nas misións pedagóxicas, extendendo a educación popular a todos os pobos. Lema “educación pública, única e laica”. 1988 Premio Cervantes.
Rúa de Dionisia López Amado, ‘A Galega da Zona Norte’,  unha das primeras integrantes das Nais da Praza de Maio e fundadora da Comisión de Familiares de Desaparecidos Españois en Arxentina.

1 comentario en “As mulleres no rueiro, 8 de marzo 2011”

O teu comentario: