Acto denuncia da violencia contra as mulleres
Clasificado na sección Varios

Creado por roris o Mércores, 23 de Novembro de 2011

Un ano máis dende a Asociación Enriqueta Otero, e este ano coa colaboración e participación de ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia) queremos aproveitar a celebración do Día Muncial Contra a Violencia de Xénero para facer as nosas reivindicacións, motivo polo cal celebraremos un acto na rúa, ao que estades convidados e que consistirá no seguinte:

- Actividade de pintura para nenos (a prevención da violencia dende a infancia)
- Mural participativo, no que invitamos a reflexionar sobre a violencia de xénero e a vulnerabilidade das mulleres con discpacidade ao respeto pero dende un punto de vista positivo “Capacidade para…”

E seguindo con este optica optimista e para captar a atención da xente repartiremos gallegas e minibocatas de crema de cacao con avellanas baixo os lemas “PARA QUE NON TE UNTEN” e “ESTAS SON AS ÚNICAS GALLETAS QUE QUEREMOS QUE LEVES”

A continuación contaremos un ano máis coa participación do gurpo de teatro Os Palimoquiños, a cargo de Paloma Lugilde e a lectura do manifesto coas nosas reivindicacións.

O acto terá lugar o xoves 24 de novembro, xoves, na Praza Maior, entre as 17 e as 19 horas

Esperamos por tanto contar coa vosa presencia e participación e animávosmos a darlle a máxima difusión e pulbicidade ao noso acto.

O teu comentario: