Agradecementos

eMuller considerou oportuno facer unha sección especial para agradecer ás colaboracións solidarias dalgunhas (bastantes) persoas coa nosa causa e coa asociación, moitas son xa as persoas que deberían aparecer neste apartado, así que espero non esquecer ningunha, e aproveitamos para dicirvos que sodes vos, aquelas persoas que dalgunha maneira colaborastedes coa nosa causa a que nos dades alento nos tempos difíciles, as que nos recordades que o traballo, por pouco que sea paga a pena, e que pasiño a paso e entre todos podemos cambiar as cousas!!!

Empezamos esta sección agradecendo a Emilio González o deseño do noso espazo web, así como a Victor González que se encargou da parte técnica do mesmo. Moitas grazas pola vosa desinteresada colaboración, espero que recibades gratamente esta pequena homenaxe.

Queriamos agradecer tamén a súa colaboración ao grupo de teatro Teatro Palimoco, pola súa participación ano tras ano no acto contra a violencia de xénero do 25 de Novembro. Tamén á deseñadora gráfica mallorquina Tinons pola creación da marca da nosa asociación, a nosa socia Silvia tamén coñecida como “hacedora de carteles e pancartas”. Gracias aos nosos colaboradores do Dia da Muller: a escola de danza Teresa Neri, aos grupos Cats & Monkeys e Tierra de cinco minutos , a monologuista lucense Carmen Conde e moi moi especialmente a Chiqui e Ivan.

Creo que é imposible nombrarvos a todos asi que moitisimas grazas a todos e todas, seguiremos traballando pola causa!