Arquivo para a categoría 'Actualidade':

Homenaxe documental a Enriqueta
Clasificado en Actualidade, Asociación, eMuller

Creado por roris o Venres, 30 de Marzo de 2012

Esta semana demos comezo ao noso proxecto homenaxe a Enriqueta Otero, no que pretendemos realizar un documental sobre a figura de Enriqueta, veciña luguesa que tivo unha vida que ben serviría para guionizar un guión de pelicula hollywoodiense, ou que carallo, cine español do bon!!!

O que pretendemos e investigar sobre a vida de Enriqueta, pero non únicamente á relativa aos datos históricos xa rexistrados, senon que nos interesa tamén coñecer as testemuñas en primeira persoa das persoas que a coñeceron e que a viviron, que polo que vimos vendo nestes anos de andanza da asociación son bastantes, así que se a coñeciche ou coñeces a alguén que a coñecera non dubides en poñerte en contacto coa nosa asociación.

Para levar a cabo este proxecto audiovisual contamos na parte técnica cun xove aínda que sobradamente preparado equipo  de profesionais do sector audiovisual lucense, que xa teñen traballado en documentais como “Lembranzas” e que proveñen en parte da asociación cultural  Machete Creativo. Aqui tendes o equipo do documental:

E importante mencionar esta última parte pois, estamos algo preocupadas, xa que nas noticias de prensa de esta semana parece que o documental o vaia a facer a Fundación Tic, coa que efectivamente firmamos un convenio nestes últimos días, polo que estamos moi agradecidas e moi contentas, pero consideramos que é preciso explicar as cousas como son, así pois para que non existan malentendidos:

O noso convenio, como ven explican na páxina da Deputación de Lugo non foi firmado exclusivamente para a realización do documental, senón para outras actividades da asociación, e a súa colaboración consiste en aportar profesionais becarios co fin (como ben indican eles mesmos) de “complementar a formación dos alumnos do único centro da provincia luguesa que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual.e materia“, así como parte do material que poidamos precisar.

E unha vez aclarado esto, pola nosa parte non podemos máis que destacar a ilusión e as ganas coa que tanto nos mesmas como o equipo técnico (Mario, Josetxu, Henrique e Begoña) afrontamos este proxecto. Agradecer de antemán a todas as persoas ou organismos  que xa agora estan empezando a colaborar con nós, e dicirvos a todos que aproximadamente dentro dun ano esperamos culminar satisfactoriamente o noso proxecto

Zanjando la polémica
Clasificado en Actualidade, Violencia

Creado por roris o Venres, 25 de Novembro de 2011

Dadas las circunstancias acontecidas estos últimos días, especialmente me refiero a la polémica surgida a raíz  de las últimas jornadas organizadas por el ayuntamiento de Lugo con motivo del día de la violencia de género, me gustaría aclaran algunas cosas, que probablemente y en parte debido a mi inexperiencia a la hora de hablar en público, no he sabido trasmitir bien:

- En primer lugar aclarar que la Asociación Enriqueta Otero nació con el ÚNICO objetivo de reivindicar los derechos de las víctimas de violencia machista (incluidos los menores)  y así lo recogen sus estatutos, de una manera reivindicativa y concienciadora, quejándonos  y criticando aquellas situaciones que consideremos injustas  o inapropiadas,  y sin tener en cuenta su procedencia: ámbito judicial, universidades, gobiernos local, autonómico o estatal, etc.  INDEPENDIENTEMENTE de sus colores políticos, y creo que así lo demuestran todas las acciones que hemos llevado a cabo en estos años.

Y precisamente para poder mantener esta independencia la asociación no recibe ni ha recibido nunca ningún tipo de subvención, ni se plantea a corto medio plazo solicitarlas.

- En segundo lugar y respecto a mi intervención de ayer en la mesa redonda aclarar o reincidir en varios aspectos: NO ESTAMOS EN CONTRA DE LA CUSTODIA COMPARTIDA, de hecho no consideramos que como asociacion sea éste nuestro ámbito de actuación, simplemente nos preocupamos por intentar asegurar que las posibles reformas que se hagan en el derecho civil tengan en cuenta LA PERSPECTIVA DE GÉNERO y  LA ESPECIAL SITUACIÓN DE AQUELLAS MUJERES Y MENORES QUE SUFREN O HAN SUFRIDO VIOLENCIA DE GÉNERO, proponemos al respecto una adecuada formación de todos los profesionales implicados y la eliminación de estereotipos y generalizaciones como que “la mayoría de las denuncias son falsas” al igual que JAMAS se nos ocurriría insinuar que todos los hombres son sospechosos de maltrato por el simple hecho de ser hombre o cualquier otra barbaridad similar, lo que me lleva al tercer punto.

- Nos gustaría también que quedase claro que no tenemos ningún tipo de problema ni enfrentamiento con la Asocición de Padres y Madres Separados de Galicia, o similares, tal y como se ha venido a insinuar en algún medio de comunicación, por el contrario que estamos cansadas del constante enfrentamiento y oposición que se nos atribuye a “las feministas” tantas veces en este sentido, aprovechando para recordar que el feminismo lo único que  se pretende es la igualdad entre hombres y mujeres, una igualdad en la hombres y mujeres debemos ir de la mano, caminando en pararlelo, no enfrentados ni intentado quedar por encima unos de otros. Y vuelvo a reiterar que nuestro único obejtivo como asociación es reivindicar los derechos de las victimas de la violencia machista, que contrariamente a lo que se piensa son vulnerados en innumerables ocasiones.

Ya para terminar decir que a nivel personal estoy tremendamente apenada con lo sucedido, y emito mi crítica desde el respeto a los partidos políticos (a todos) y a algunos medios de comunicación  por olvidar por completo el objetivo de la celebración del dia contra la violencia de género, al politizarlo y polemizarlo de manera un tanto absurda, en lo cual asumo mi parte de responsabilidad como integrante de la mesa redonda de las jornadas, y apelo al sentido común para que este tipo de situaciones no se vuelvan repetir, al igual que apelo al buen hacer de los periodistas (pues en muchas otras ocasiones así lo han hecho) para que informen en un día como hoy de forma responsable, dando información objetiva y clara, que  ayude a concienciar a la sociedad y contribuyendo en definitiva a luchar contra esta lacra social.

As mulleres no rueiro, 8 de marzo 2011
Clasificado en Actualidade, Empoderadas, Igualdade

Creado por roris o Venres, 11 de Marzo de 2011

Este ano, que a celebración do Día da muller coincidía co martes de Entroido, decidimos facer unha comparsa reivindicativa de mulleres, o motivo, a desigualdade atopada no nomeamento de novas rúas na nosa cidade, onde recientemente se aprovaron rúas con nomes de alcaldes franquistas, e onde tan so hay un 10% de rúas con nome de muller.

Aqui podedes ver o video As mulleres no rueiro

E agora unha pequena explicación das rúas que levábamos

“AS MULLERES TOMAMOS AS RÚAS”
A presenza feminina no rueiro de Lugo, a nosa cidade, é casi nula. Tan só 25, dun total de 210 rúas,  teñen nome de muller, o que representa o 11,90 %,  e tendo en conta que as mulleres somos o 50% da poboación, é un exemplo ben claro da invisibilidade á que se nos segue a someter. A paridade no rueiro axudaría a construír a igualdade.

Asistimos con estupefacción a que se van a conceder novas rúas a alcaldes do Franquismo, o que contravén o espíritu da Lei da Memoria Histórica;  nembargantes, as mulleres seguen, seguimos, a estar ausentes. Esta sería unha oportunidade para que mulleres do ámbito local, estatal e internacional estivesen representadas no rueiro. Abondan, dende logo, mulleres con méritos sobrados para figurar entre as elixidas. Hoxe traemos aquí a unhas cuantas das miles que teñen contribuído coa historia e coa sociedade:
Rúa de Rosalind Franklin, descubridora do ADN.
Rúa de Dolores Ibárruri “Pasionaria”, deputada na II República, dirixente do PCE e loitadora antifranquista.
Rúa do 8 de marzo, “Día Internacional das Mulleres”.
Rúa de Clara Zetkin, Intelectual e feminista de esquerdas que promoveu a celebración do “Día Internacional da Muller Traballadora”, conseguindo que se adoptara o acordo na II Conferencia Internacional das Mulleres Socialistas, celebrada en Copenhague en 1910.
Rúa das mestras republicanas, defensoras da liberdade, da ciencia, da razón e da reflexión.
Rúa de Sofía Casanova,  xornalista e primeira correspondente de guerra. Académica de honra da Real Academia Galega. Rúa de Aung San Suu Kyi, Premio Nobel da Paz, cofundadora do principal partido da oposición de Myanmar. Ex presa de conciencia, pasou 13 dos últimos 19 anos detida.
Rúa de Concepción Basanta Curbera, farmacéutica e inspectora de sanidade dende 1946 a 1990. Fundadora de Manos Unidas en Lugo e Presidenta de Cáritas Diocesana.
Rúa de Emilia Naveiras Fernández, benquerida lucense que pasou a vida sementando ilusión e compromiso.
Rúa das mulleres anónimas. Todas facemos historia.
Rúa de Clara Campoamor, defensora dos dereitos da muller e principal impulsora do sufraxio para as mulleres en España, logrado en 1931..
Rúa de María Zambrano. II República. Participou nas misións pedagóxicas, extendendo a educación popular a todos os pobos. Lema “educación pública, única e laica”. 1988 Premio Cervantes.
Rúa de Dionisia López Amado, ‘A Galega da Zona Norte’,  unha das primeras integrantes das Nais da Praza de Maio e fundadora da Comisión de Familiares de Desaparecidos Españois en Arxentina.

Feliz aninovo!!!
Clasificado en Actualidade, eMuller

Creado por roris o Mércores, 29 de Decembro de 2010

O 2010 chega ao seu fin, son datas para reflexionar, facer balance, plantexar novos obxectivos, novas actividades…

Esta pequena asociación vai camiño de cumplir os tres anos, e durante este tempo tivemos que superar algunhas dificultades: dimisións, abandonos, crises internas, novas e non dexesadas responsabilidades etc etc etc. pois ser unha asociación de mulleres  en Lugo ( unha cidade pequena) non é fácil, o número de integranes é reducido, e  non é doado tampouco sumar o activismo asociativo as moitas responsabilidades  e/ou asuntos persoais que cada unha xa ten.

Mais a pesar de todo, e tendo en conta a importancia do noso obxectivo (visibilizar a problemática da violencia de xénero)  estamos aqui, facendoo mellor ou peor. De seguro haberá moitas cousas que criticarnos,  pero tamén levamos algún que outro logro en estes anos…

Este foi un ano duro, e a violencia tocounos máis preto do habitual, o que serviu ou debe servir para lembrarnos canto de importante é ou  pode ser a pequena labor que estamos intentando desempeñar, pois a escaseza de asociacións similares  estanos a dar un papel máis relevante do que temos en realidade, o que nos leva a pensar que tal vez non sexamos tan insignificantes como puidera parecer, ou polo menos que é moi necesario manter unha asociación que loite por visibilizar e apoiar ás victimas da violencia de xénero e toda a súa problemática. Vamos aprendendo polo camiño…

Quería tamén aproveitar a ocasión para agradecer unha vez máis as moitas persoas (anónimas ou non), que do seu xeito apoian tamén a nosa causa: ós nosos colaboradores e colaboradoras directas, vostedes que nos están a ler, os nosos seguidores en twitter e facebook, compañeiros e compañeiras,  amigos/as, os medios de comunicación que nos brindan o seu espazo deixando un oquiño para poñer a nosa voz (aínda que non semrpe como a nós nos gustaría), aos asistentes  ás nosas actividades,  en definitiva a todas aquelas persoas que de un xeito u outro tamén lles preocupa a violencia de xénero.

QUE TEÑADES UN FELIZ  ANO!!!

A nosa visión do Carioca
Clasificado en Actualidade, Violencia

Creado por roris o Martes, 14 de Decembro de 2010

OPERACIÓN CARIOCA: LUGO, A CIDADE ONDE NUNCA PASABA NADA”

A chamada Operación Carioca que se está a desenvolver pola Maxistrada do Xulgado de Instrucción nº 1 de Lugo está a poñer de manifesto que unha cidade tranquila e na que nunca pasaba nada, viña albergando unha trama de corrupción mafiosa.

Propietarios de bordeles e axentes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado no cárcere, empresarios, médicos, policías locais, subinspectores de policía, funcionarios do departamento policial de estranxeiría, gardas civís, funcionarios do Departamento de Estranxeiría da Subdelegación do Goberno e o propio ex Subdelegado do Goberno, veñen constituindo a abultada lista de imputados neste asunto. E dada a diversidade de ámbitos do que estes proceden, ou moito nos equivocamos, ou estamos ante unha estrutura corrupta perfectamente organizada.

Sen embargo, a importante relación de imputados e a sucesión de acontecementos que están saíndo á luz publica , moi graves e dañinos por certo, como son: o tráfico de drogas, a prostitución e a trata , as condutas abusivas que ían dirixidas a mulleres extranxeiras en situación de viulnerabilidade, o presunto boicot á investigación xudicial (fallos informáticos, portas de oficinas que son forzadas, gardas civís que se “lían” no Xulgado, presunto trato de favor dos reos encarcerados, policías nacionais de asuntos internos que se negan a deter aos seus compañeiros…). a xuizo noso, non están a ser obxeto dun rexeitamento contundente desde os distintos ámbitos da sociedade. Nin por parte dos poderes públicos nin por parte dos medios de comunicación máis representativos da cidade.

O contorno da prostitución e da trata estase a visibilizar desde unha perspectiva “morbosa” e non como un problema social que o é, tanto pola gravidade dos feitos que entraña como polas consecuencias negativas, físicas e psicolóxicas, que supoñen para as mulleres, ademais da coxuntura de debilidade, de inseguridade e de risco á que se expoñen.

Así é que estas mulleres abusadas e prostiuídas non se nomean, polo tanto, non existen para a sociedade. Cantas son, onde estan, cal é a súa situación actual?

Os colaboradores necesarios para que exista a prostitución e trata, que son os clientes, non se “tocan” , nin se cuestionan, nin se visibilizan informativamente. Visualizar ao cliente, que probablemente sexa un coñecido, un familiar , ou un suxeito posicionado na vida pública- pode “prexudicar” á sociedade.

Tampouco se lle da relevancia nos medios, nin nas institucións afectadas, á desconfiaza que supón para a cidadanía que servidores públicos imputados continúen percibindo os seus honorarios do erario público e nalgúns casos sen que se lles abrira expediente disciplinario. En cambio poñen o acento en manifestacións de preocupación pola imaxen da cidade, ou “se presiona “ desde algún medio de comunicación para que se levante o segredo do Sumario, ou se insiste por parte de distintos representantes políticos en reclamar a presunción de inocencia, como se en entredito estivesen as garantías procesais.

Paradoxos difíciles de entender para os cidadáns e cidadás que cremos nas institucións do Estado e no propio Estado de Dereito.

E por iso ESIXIMOS aos poderes públicos, en xeral, e as Intitucións afectadas, en particular, que se deixen de ambigüidades e que actúen con firmeza cos comportamentos polo de pronto “iregulares” dalgúns dos seus subordinados.

E a xuíza do Xulgado de Instrución nº1 de Lugo trasladarlle a nosa solidariedade, xa que actuacións coma as que ela está a levar a cabo, serven para que non esquezamos que por mal que lles pese a algúns, por encima da LEI non pasa ninguén.

Mujeres de cine
Clasificado en Actualidade, filmoquetas

Creado por roris o Luns, 18 de Outubro de 2010

A I Mostra Itinerante de Cine Español Feito por Mulleres chega a Lugo esta semana, e a nós  que nos gusta o cine, e sempre tratamos de promovelo,  especialmente aquel que ten  temática de xénero ou está feito por mulleres vamos a ir, e invitámosvos a tod@s a facelo!

A Mostra chega á nosa cidade dentro do programa do Instituto de la Mujer “MUJERES DE CINE“  que coa colaboración do Concello de Lugo achéganos ao cine español feito por mulleres. A mostra terá lugar esta semana, de luns a xoves no Centro de Convivencia Maruja Mayo, ás 20 horas, agas o primerio día que comezará  ás 19 horas coa presentación dunha das directoras dos filmes, Chus Gutierrez, autora tamén de películas como Alma Gitana o El Calentito

Filmes que se poderán ollar:

(podedes pinchar nos enlaces para atopar máis información sobre as películas ou as súas autoras)

Luns 18: Retorno a Hansala

Martes 19: El niño pez

Mércores 20: Tres días con la familia

Xoves 21: La luna en ti

Asasinato machista en Lugo
Clasificado en Actualidade, Violencia

Creado por roris o Xoves, 26 de Agosto de 2010

A Asociación Enriqueta Otero, mulleres luguesas contra a violencia de xénero, quere expresar de forma contundente o seu rexeitamento contra o asasinato machista que tivo lugar hoxe na nosa cidade, e así mesmo expresar a súa solidariedade e condolencia á familia e amizades da vítima.

Ante este novo caso de violencia de xénero quere facer especial fincapé en que este asasinato reflicte o carácter transversal que ten a violencia de xénero, ao non distinguir de clases sociais, etnias, relixión, nivel de estudos, etc. pois afecta ás mulleres polo mero feito de selo.

Segundo apareceu en algún medio de comunicación, ao parecer, a vítima manifestara a intención de romper a súa relación, circunstancia que pon de manifesto, que a fase de ruptura nun caso de maltrato é a máis perigosa para as mulleres, axustándose a un patrón de conducta por parte dos maltratadores ao non asumir á perda do control sobre a súa vítima.

A referencia continua por parte dos veciños e dalgúns medios de comunicación a calificación de “normal”, “bo veciño”, “boa persoa”… ao calificar ao presunto asasino, non pon máis que de manifesto o total descoñecemento que existe do fenómeno do maltrato ás mulleres na sociedade.

Por último, queremos expresar a nosa especial preocupación polo feito de que como parece neste caso a vitima non fixera ningunha denuncia previa, circunstancia que non nos sorprende, dada a campaña mediática que se esta a producir ao poñer en cuestión a credibilidade das mulleres sobre a veracidade dos feitos que denuncian, sen constatarse documentalmente. Neste senso, un estudo realizado polo Consello Xeral de Poder Xudicial no ano 2008, sobre sentencias dictadas polas Audiencias Provinciais, conclúe que só NUN CASO dos 530 analizados considera que podería abrirse unha investigación por posible denuncia falsa dunha muller contra o seu compañeiro sentimental. Isto significa que tan só un 0.01% das denuncias presentadas podería ser falsas. Polo tanto, invocar o argumento das denuncias falsas sobre violencia de xénero ó único que contribúe é a socavar a credibilidade das mulleres victímas do maltrato e a disuadir que estas poidan denunciar. E isto é especialmente grave se temos en conta que no que vai de ano van 47 mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas, das que só un 10% presentou denuncia, descendendo así mesmo o número de denuncias presentadas, o cal debe ser un elemento de reflexión para abordar o tema coa seriedade que se merece a gravidade do problema.

Para concluír, pedimos unha maior implicación e rexeitamento da sociedade ante calquera feito de violencia que poidan sufrir as mulleres a mans das súas parellas ou exparellas. Conductas como: insultos, vexacións, abusos económicos, desvalorizacións, illamento social e familiar, control, dominio, coaccións etc. deben deixar de ser tratadas como un asunto privado no cantexto da parella para empezar a ser considerado como unha violación dos dereitos humanos das mulleres.

8 de marzo: día da muller
Clasificado en Actualidade, Igualdade

Creado por roris o Xoves, 4 de Marzo de 2010

Aquí estamos de novo, pois non podíamos esquecer esta data tan importante… prometemos novedades nesta nova etapa, asi que estade atentas e atentos!!! De momento deixamosvos unha recopilación dos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller.

ACTOS DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

5 de marzo

  • Presentación do libro Camiñan descalzas polas rochas,  ás 20:00 horas  no salón de actos da Fundación Caixa Galicia, organizado por AMNISTIA INTERNACIONAL e a EDITORIAL TRIS TRAM
  • Cea Mulleres solidarias por Haití, ás 21:30 horas, no restaurante Manuel Manuel, organizada polo Concello de Lugo.

6 de marzo

  • Da comezo o curso de Defensa Persoal, que terá lugar sábados e domingos do mes de marzo, de 11 a 13 horas no centro de convivencia Maruja Mallo. Organizado polo Concello de Lugo e impartido por Agustín Trigo, presidente da Federación Galega de Taekwondo.

7 de marzo

  • Marcha pola igualdade: Saída da Praza Maior ás 11:30, organizado polo Concello de Lugo.

8 de marzo

  • O Foro de Participación Cidadá en Materia de Igualdade convoca unha Concentración baixo o lema A crise ten xénero femenino, ás 20 horas, diante da Casa do Concello.
  • Obra teatral Buscando a Hilary, ás 19:30 horas no Circulo das Artes, organizado pola Fundación Caixa Galicia

9 de marzo

  • Representación do espectáculo A vida de Rosa día tras día,  ás 19:30 horas, no salón de actos do Centro de Convivencia Uxío  Novoneyra. Organiza o Concello de Lugo, Grupo Teatral Mariklown

10 de marzo

  • Mesa redonda Muller e discapacidade: a arte de ser muller, ás  17:30 horas, no Pazo de Tor, organiza a Rede Museistica de Lugo
  • Proxeción do filme Lilya Forever, dentro do ciclo CINEMAS DE KANDAHARIA, ás 20:00 horas na Cova da Terra, organizan A Cova da Terra e Asociación Enriqueta Otero

13 de marzo

  • Exposición videorede Xenéricas, e mesa redonda A arte de ser muller nun mundo por compartir, ás 17:30 no Museo Provincial do Mar, organiza a Rede Museistica de Lugo.

17 de marzo

  • Proxeción do filme Pan e Rosas, dentro do  Ciclo Cinemas de Kandaharia, ás 20 horas na Cova da Terra, organizan A Cova da Terra e  a Secretaría da Muller da CIG

24 de marzo

  • Conferencia Avaliación da Lei de Igualdade, ás 10:30 horas no Centro de Convivencia Maruja Mallo, organiza o Concello de Lugo.

Durante todo o mes de marzo

  • Exposición de pintura das autoras femininas dos centros de convivencia.

AVISO: se tes coñecemento de algún acto ou actividade que non este aqui recollida non dúbides en mandarnola.