Esta semana demos comezo ao noso proxecto homenaxe a Enriqueta Otero, no que pretendemos realizar un documental sobre a figura de Enriqueta, veciña luguesa que tivo unha vida que ben serviría para guionizar un guión de pelicula hollywoodiense, ou que carallo, cine español do bon!!!
O que pretendemos e investigar sobre a vida de Enriqueta, pero non únicamente á relativa aos datos históricos xa rexistrados, senon que nos interesa tamén coñecer as testemuñas en primeira persoa das persoas que a coñeceron e que a viviron, que polo que vimos vendo nestes anos de andanza da asociación son bastantes, así que se a coñeciche ou coñeces a alguén que a coñecera non dubides en poñerte en contacto coa nosa asociación.
Para levar a cabo este proxecto audiovisual contamos na parte técnica cun xove aínda que sobradamente preparado equipo de profesionais do sector audiovisual lucense, que xa teñen traballado en documentais como “Lembranzas” e que proveñen en parte da asociación cultural Machete Creativo. Aqui tendes o equipo do documental:
E importante mencionar esta última parte pois, estamos algo preocupadas, xa que nas noticias de prensa de esta semana parece que o documental o vaia a facer a Fundación Tic, coa que efectivamente firmamos un convenio nestes últimos días, polo que estamos moi agradecidas e moi contentas, pero consideramos que é preciso explicar as cousas como son, así pois para que non existan malentendidos:
O noso convenio, como ven explican na páxina da Deputación de Lugo non foi firmado exclusivamente para a realización do
documental, senón para outras actividades da asociación, e a súa colaboración consiste en aportar profesionais becarios co fin (como ben indican eles mesmos) de “complementar a formación dos alumnos do único centro da provincia luguesa que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual.e materia“, así como parte do material que poidamos precisar.
E unha vez aclarado esto, pola nosa parte non podemos máis que destacar a ilusión e as ganas coa que tanto nos mesmas como o equipo técnico (Mario, Josetxu, Henrique e Begoña) afrontamos este proxecto. Agradecer de antemán a todas as persoas ou organismos que xa agora estan empezando a colaborar con nós, e dicirvos a todos que aproximadamente dentro dun ano esperamos culminar satisfactoriamente o noso proxecto

Hoxe o noso 

