Todos e todas estamos de acordo en que a violencia cara ás mulleres é unha lacra social.
A maioría queremos acabar con este problema pero para eso debemos atallalo pola base. Intentar cambiar esas crenzas que temos tan interiorizadas, que non somos nin conscientes ou que non queremos cuestionar, esas crenzas nas que se basea este tipo de violencia.
Ideas extendidas como “o amor pode con todo”, a “media laranxa”, ideas como que se non tes parella non estas completo/a, o principe azul, en definitiva todas as ideas do amor romántico que imperan na nosa sociedade, ideas que se nos transmiten dende todolos ámbitos da sociedad, peliculas, cancións, series de televisión, publicidade, contos… Ideas que fan infeliz a moita xente, ideas que fan que as persoas aguanten situacións que non deberían permitir! Porque o amor non o é todo, alomenos a idea de amor “romántico” que se nos fai creer dende que nacemos. Hai moitos tipos de amor, cada quen escolle o que quere para si, pero antes de escoller pensa ben no que mereces. Mereces algo mellor?
Cambiemos o conto!
E para ir empezando podedes votarlle un ollo a esta nova versión do conto da “Cenicienta“.



