A Violencia de Xénero é un problema social de grande relevancia, aínda moi enraizado na nosa sociedade. É unha violencia de tipo estrutural que ten a función de reforzar o control que tradicionalmente veñen exercendo os homes sobre as mulleres nas nosas sociedades. Por tanto derívase das desigualdades existentes entre homes e mulleres, empregándose como instrumento de poder e control para manter esas desigualdades. Maniféstase a través da violencia física, psicolóxica e sexual exercida contra as mulleres polo mero feito de selo. Polo que representa unha clara vulneración dos seus dereitos humanos.
E por iso que as e os aquí presentes queremos:
-
Expresar a nosa solidaridade ás familias e os fillos e fillas das 57 mulleres asasinadas polas súas parellas e exparellas ao longo deste ano 2009.
-
Condear públicamente calquera acto de violencia, sexa do tipo que sexa, que atente contra a dignidade, a liberdade, a integridade e a seguridade das mulleres.
-
Revindicar que dunha vez por todas haxa unha intervención máis activa das distintas administracións públicas en relación á violencia de xénero e dentro do ámbito da súa competencia, xa que na actualidade a sociedade segue sen ser sensible a esta problemática, e as mulleres vitimas de violencia de xénero, en xeral, e as mulleres galegas, en particular, son as grandes esquecidas por parte dos distintos Poderes Públicos.
-
Demandar a posta en fucionamento xa das medidas preventivas que fixa a normativa actual vixente: A Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero e a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, entre as que queremos salientar:
-
A realización de campañas de información e concienciación de maneira sistemática e dirixidas a poboación en xeral e por sectores de poboación : mulleres vítimas, mocidade, homes…
-
Esixir o respecto á dignidade das mulleres e o seu dereito a unha imaxe non estereotipada, nin discriminatoria no ámbito da publicidade.
-
Incorporar contidos sobre o fenómeno da violencia de xénero nas universidades e en disciplinas que habiliten para o exercicio de profesións que teñan relación directa con este tema.
-
A formación obligatoria da totalidade dos e das profesionais que traballen en ámbitos relacionados directa ou indirectamente coa violencia de xénero.
-
A incoporación progresiva de materias no ámbito escolar que non vulneren o principio de igualdade
-
A difusión no ámbito escolar de proxectos e materiais didácticos actualizados, dirixidos a todos os niveis educativos, que conteñan pautas de conduta que trasmitan valores de respecto e igualdade
-
A revisión do currículo en todos os niveis educativos e nos Proxectos educativos curriculares de Centro, para que se garanta a perspectiva de xénero e a igualdade entre homes e mulleres.
-
Que se garanta a representación e a participación no Consello Escolar de Galicia dun órgano da administración autonómica que exerza a competencia en materia de igualdade.
-
Que se incopore un novo membro aos Consellos escolares , elixido por estes, para que se impulsen medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres
-
A Creación da Comisión contra a Violencia de Xénero dentro Consello Interterritorial de Saúde
-
…
-
Denunciar públicamente que os principais dereitos que lle asisten ás mulleres galegas recoñecidos en virtude da normativa que se menciona con anterioridade , non están sendo efectivos e polo tanto están a ser vulnerados:
-
O Dereito á información axeitada a súa situación persoal aínda sendo o dereito máis universalizado non está garantido dr igual xeito para as mulleres galegas segundo residan nun territorio urbano ou rural.
-
O dereito á defensa xurídica especializada, na Provincia de Lugo non é posible, xa que a quenda específica de violencia posta en funcionamento polo Colexio de Avogados da cobertura de maneira indistinta as mulleres vítimas e a presuntos maltratadores.
-
O dereito a Asistencia Social Integral que se contempla na Lei e que se ten que materializar no dereito das mulleres e os seus fillos e fillas aos servizos socias de atención , emerxencia, apoio, acollida e recuperación integral non se materializa en Galicia :
-
Ao non existir unha rede única de protección e asistencia autonómica que posibilite a intervención en casos de violencia de xénero en base aos criterios de atención permanente , actuación urxente, especilidade de prestacións e multidisplinaridade profesional , tal como estipula a Lei orgánica. Existen recursos de acollida dispersos e dependendentes das Corpacións Locais ( Lugo, Coruña e Ferrol) e de Entidades de Iniciativa Social ( Ourense) e que o seu funcionamento e mantemento emana da vontade política e institucional de quen os crea e desenvolve, sen que exista un criterio común e unificado de funcionamento para a comunidade autónoma galega no seu conxunto (Artg.47.4).
-
Ao non ser posible neste intre en Galicia o acceso a prazas de acollida para situacións de emerxencia que requiran unha intervención urxente . Cóntase cun único Centro de Emerxencia en Vigo para toda a Comunidade e que leva meses pechado por atoparse en obras.
-
Ao diminuír de maneira considerable nos últimos 3 anos as prazas de acollida específicas que dan cobertura a situacións xerais de malos tratos. Pecháronse as casas de acollida de Santiago e Vigo que dependían da Administración local e a casa da acollida de Pontevedra da que era titular Cáritas Diocesana. Como consecuencia, na actualidade toda provincia de Pontevedra careza de equipamentos de acollida especializados.
-
Ao non crearse o Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero tal como se establece no artigo 49 da Lei 11/ 2007, do 27 de xullo, Galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
-
Ao limitarse a atención psicológica ás mulleres galegas e aos seus fillos e fillas a un número de sesións conveniadas previamente co colexio de Psicoloxía, mentres que se empregan recursos económicos públicos en programas de atención psicolóxica a maltratadores, sen que antes estean cubertas as necesidades das vítimas supervivintes.
-
Ao non garantirse o apoio educativo e en igualdade ás novas unidades familiares resultantes despois de vivir un proceso de violencia de xénero en Galicia.
-
Ao non facilitárselles ás mulleres galegas vítimas de malos tratos e aos seus fillos e fillas unha formación preventiva en valores de igualdade dirixida ao seu desenvolvemento persoal e a adquisición de habilidades na resolución non violenta de conflitos.
-
Ao non garantirse dunha maneira sistematizada o apoio á formación e a inserción laboral de todalas mulleres vítimas
-
-
-
-
O dereito á percepción de axudas sociales regulado na Lei galega non é un dereito subxetivo e e o procedemento está suxeito a réxime de concorrencia non competitiva, en función da disponibilidade orzamentaria. Polo que neste intre o tan publicitado Salario da Liberdade carece de orzamento, e as solicitudes formuladas ao longo do ano 2009 aínda están sen resolver, mesmo para os casos que se esgotara o plazo máximo de 6 meses estipulado para a resolución do seu expedente. Polo que a finalidade da axuda está en entredito e non permite en ningún dos casos poder afrontar os gastos que supoñen nun primeiro momento o inicio un novo proxecto de vida en liberdade autónomo e independente por parte das mulleres que sofren violencia a mans dos seus conxuxes ou parellas.
-
Por todo o exposto, ESIXIMOS.
O cumplimento da normativa vixente, por medio dun incremento dos recursos humános, materiais e financieiros, a través do exercicio dunha acción coordinada entre os niveis local, autonómico e estatal, e a non discriminación das mulleres vítimas de violencia de xénero pola súa situación administrativa, persoal ou social.



