Colabora

Estas cansa de escoitar ou ver na televisión tristes noticias sobre a violencia machista?  Sospeitas que coñeces a alguén que a pode estar sufrindo e queres saber como axudala? Facer algo está nas tuas mans…

Apoia a nosa causa!

Tes varios xeitos de facelo:

  • Podes colaborar en algunha das seccións do blog enviando os teus artigos a quetaslugo@gmail.com e os publicaremos.
  • Participa en algunha das actividades que realizamos como “filmoqueta”, acto do 25 de novembro, etc… mantente informada no noso blog
  • Padeciches algún tipo de violencia machista? Contanos a túa historia, pode  servir para axudar a algunha outra muller. Enviaa por correo electrónico a: enriquetaotero@emuller.org
  • Faite socia!! Se compartes a nosa causa i eres unha muller activa, non o dúbides, seguro que podes aportar moito ás Quetas. Ánimate e ven a algunha das nosas reunións, hai moito traballo por facer e ti podes aportar moito. Esperamoste!

Lembra e difunde: O MACHISMO MATA NON SEXAS CÓMPLICE