Dámoslle a benvida a eMuller, espazo web creado como lugar de encontro, discusión e critica sobre todos aqueles temas de actualidade que nos afectan e interesan ás mulleres.
A asociación
A Asociación Enriqueta Otero, mulleres luguesas contra a violencia de xénero nace en marzo de 2008 co fin de acadar e reivindicar o dereito á igualdade entre mulleres e homes en tódolos ámbitos da sociedade e combater a violencia de xénero, para o que se plantexa a consecución de algúns fins máis específicos:
• Velar pola aplicación efectiva das leis en materia de xénero e igualdade
• Promover o acceso en igualdade de tódalas mulleres aos recursos con independencia da súa orixe, etnia, nacionalidade ou orientación sexual.
• Prestar o apoio necesario ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
• Garantir que se recoñezan e respecten os dereitos das fillas e fillos das vítimas da violencia de xénero.
• Crear redes de solidariedade e colaboración entre mulleres así como entre aquelas entidades que loiten por acadar a igualdade e defendan os dereitos das mulleres.
• Visibilizar e denunciar toda a problemática da violencia de xénero.
eMuller
Neste blog poderás atopar diferentes noticias sobre a asocaición e as actividades que estamos a realizar (estamos tamén en twitter e facebook ) temas de actualidade relativos a igualdade e a violencia machista, así como calquera nova relativa ao mundo feminino.
Non te perdas as nosas seccións ( a dereita) de empoderadas, ou músicas entre outras, ánimate a participar, agardamos os teus comentarios
E se non actulizamos moi a miudo, recorda que somos unha asociación pequena, que traballa de forma totalmente voluntaria, así que simplemente facemos o que podemos.

