“OPERACIÓN CARIOCA: LUGO, A CIDADE ONDE NUNCA PASABA NADA”
A chamada Operación Carioca que se está a desenvolver pola Maxistrada do Xulgado de Instrucción nº 1 de Lugo está a poñer de manifesto que unha cidade tranquila e na que nunca pasaba nada, viña albergando unha trama de corrupción mafiosa.
Propietarios de bordeles e axentes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado no cárcere, empresarios, médicos, policías locais, subinspectores de policía, funcionarios do departamento policial de estranxeiría, gardas civís, funcionarios do Departamento de Estranxeiría da Subdelegación do Goberno e o propio ex Subdelegado do Goberno, veñen constituindo a abultada lista de imputados neste asunto. E dada a diversidade de ámbitos do que estes proceden, ou moito nos equivocamos, ou estamos ante unha estrutura corrupta perfectamente organizada.
Sen embargo, a importante relación de imputados e a sucesión de acontecementos que están saíndo á luz publica , moi graves e dañinos por certo, como son: o tráfico de drogas, a prostitución e a trata , as condutas abusivas que ían dirixidas a mulleres extranxeiras en situación de viulnerabilidade, o presunto boicot á investigación xudicial (fallos informáticos, portas de oficinas que son forzadas, gardas civís que se “lían” no Xulgado, presunto trato de favor dos reos encarcerados, policías nacionais de asuntos internos que se negan a deter aos seus compañeiros…). a xuizo noso, non están a ser obxeto dun rexeitamento contundente desde os distintos ámbitos da sociedade. Nin por parte dos poderes públicos nin por parte dos medios de comunicación máis representativos da cidade.
O contorno da prostitución e da trata estase a visibilizar desde unha perspectiva “morbosa” e non como un problema social que o é, tanto pola gravidade dos feitos que entraña como polas consecuencias negativas, físicas e psicolóxicas, que supoñen para as mulleres, ademais da coxuntura de debilidade, de inseguridade e de risco á que se expoñen.
Así é que estas mulleres abusadas e prostiuídas non se nomean, polo tanto, non existen para a sociedade. Cantas son, onde estan, cal é a súa situación actual?
Os colaboradores necesarios para que exista a prostitución e trata, que son os clientes, non se “tocan” , nin se cuestionan, nin se visibilizan informativamente. Visualizar ao cliente, que probablemente sexa un coñecido, un familiar , ou un suxeito posicionado na vida pública- pode “prexudicar” á sociedade.
Tampouco se lle da relevancia nos medios, nin nas institucións afectadas, á desconfiaza que supón para a cidadanía que servidores públicos imputados continúen percibindo os seus honorarios do erario público e nalgúns casos sen que se lles abrira expediente disciplinario. En cambio poñen o acento en manifestacións de preocupación pola imaxen da cidade, ou “se presiona “ desde algún medio de comunicación para que se levante o segredo do Sumario, ou se insiste por parte de distintos representantes políticos en reclamar a presunción de inocencia, como se en entredito estivesen as garantías procesais.
Paradoxos difíciles de entender para os cidadáns e cidadás que cremos nas institucións do Estado e no propio Estado de Dereito.
E por iso ESIXIMOS aos poderes públicos, en xeral, e as Intitucións afectadas, en particular, que se deixen de ambigüidades e que actúen con firmeza cos comportamentos polo de pronto “iregulares” dalgúns dos seus subordinados.
E a xuíza do Xulgado de Instrución nº1 de Lugo trasladarlle a nosa solidariedade, xa que actuacións coma as que ela está a levar a cabo, serven para que non esquezamos que por mal que lles pese a algúns, por encima da LEI non pasa ninguén.